O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / O espectáculo musical ‘Camiñantes e cantantes’ trasládase este domingo na praza do Concello de O Pino

O espectáculo musical ‘Camiñantes e cantantes’ trasládase este domingo na praza do Concello de O Pino

Novas

08-07-2022
8 Jul

Comezará ás 21.00 horas e contará coas actuacións de Pili Pampín, Lucía Pérez, La Ocaband, Pepo Suevos e Manuel Manquiña e será emitido en directo por Anove TV  ||  

Un percorrido pola historia da música galega e dos Camiños de Santiago é o fío condutor do espectáculo Camiñantes e cantantes que este domingo se poderá ver en directo na praza do Concello de O Pino dende ás nove da noite. Este formato da canle Anove TV estará protagonizado por La Ocaband, Pili Pampín, Lucía Pérez,  Pedo Suevos e Manuel Manquiña.

Inspirado no Camiño de Santiago, Camiñantes e cantantes é un formato novidoso que aborda unha importante parte da cultura galega a través da música e o humor. O espectáculo, previsto inicialmente no campo da festa de Arca, cambia de localización para a praza do Concello.

Tal como recordaron o alcalde do Pino, Manuel Taboada, a concelleira de cultura, Eva Varela, e o produtor Carlos Alleres, o día da súa presentación, o musical Camiñantes e cantantes recolle todos os temas que foron e son interpretados nas verbenas de Galicia.

Manuel Taboada e Eva Varela consideran “fundamental apoiar estes formatos”, porque “a conservación do noso patrimonio cultural é unha obriga de cara ás xeracións máis novas”. Taboada Vigo incidiu na necesidade de manter vivas as tradicións máis enxebres da comarca, e aclarou que a verbena é unha parte moi importante da festa galega, e agradeceu o esforzo do produtor en retratala neste espectáculo.

Camiñantes e cantantes poderase ver en directo a través de Anove TV (cóllese no canal 9 da TDT) ou a través da retransmisión en estreaming dende o canal de Youtube de Anove TV (neste enlace).

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« ‘Camiñantes e cantantes’ chega o 10 de xullo ata O Pino con Pili Pampín, Lucía Pérez e La Ocaband
O Pino homenaxea a tres veciñas e un veciño nados en 1926 e 1927 na Xuntanza dos Nosos Maiores »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English