O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / ‘Camiñantes e cantantes’ chega o 10 de xullo ata O Pino con Pili Pampín, Lucía Pérez e La Ocaband

‘Camiñantes e cantantes’ chega o 10 de xullo ata O Pino con Pili Pampín, Lucía Pérez e La Ocaband

Novas

01-07-2022
1 Jul

A verbena celebrarase no campo da festa de Arca a partir das 20.30 horas, presentada por Manuel Manquiña e Pepo Suevos  ||  

O espectáculo será emitido en directo por Anove TV  ||  

 

Presentacion espectáculo Cantantes e Caminantes en O Pino

O programa de Anove TV Camiñantes e cantantes chegará o domingo 10 de xullo ao municipio do Pino cunha verbena a partir das 20.30 horas no campo da festa de Arca. Trátase dun formato musical protagonizado por La Ocaband, que nesta ocasión contará co acompañamento de Pili Pampín e Lucía Pérez, que está inspirado no Camiño de Santiago. Trátase dun formato novidoso que aborda unha importante parte da cultura galega a través da música e o humor, que neste caso estará en mans de Manuel Manquiña e Pepo Suevos, exercendo de mestres de cerimonias.

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, a concelleira de cultura, Eva Varela, e o produtor Carlos Alleres, presentaron o evento en rolda de prensa no centro sociocultural Luis Seoane. O musical Camiñantes e cantantes recolle todos os temas que foron e son interpretados nas verbenas de toda Galicia, explicou Carlos Alleres.

Tanto a concelleira como o alcalde referendaron o seu compromiso co programa e a súa importancia, xa que combina o formato musical coa divulgación cultural. “É fundamental apoiar estes formatos”, declarou o alcalde, porque “a conservación do noso patrimonio cultural é unha obriga de cara ás xeracións máis novas”. Taboada Vigo incidiu na necesidade de manter vivas as tradicións máis enxebres da comarca, e aclarou que a verbena é unha parte moi importante da festa galega, e agradeceu o esforzo do produtor en retratala neste espectáculo.

Ao rematar a rolda de prensa o equipo de Camiñantes e cantantes dirixiuse ata o campo da festa de Arca para adiantar os preparativos do programa, que se poderá ver en directo a través de Anove TV (cóllese no canal 9 da TDT) ou a través da retransmisión en estreaming dende o canal de Youtube de Anove TV (neste enlace).

Cartel espectáculo Cantantes e Caminantes en O Pino

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino instará á Xunta a implementar axudas directas á gandeiría de carne
O espectáculo musical ‘Camiñantes e cantantes’ trasládase este domingo na praza do Concello de O Pino »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English