O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / Nenas e nenos de 4 a 13 anos poderán participar no PescaPino o 28 de xullo

Nenas e nenos de 4 a 13 anos poderán participar no PescaPino o 28 de xullo

Novas

11-07-2018
11 Jul

O Concello do Pino organiza o domingo 28 de xullo o concurso Pescapino, dirixido a nenos de 4 a 13 anos que sexan afeccionados ou queiran iniciarse no deporte da pesca. O concurso celebrarase na área recreativa da Magdalena (Castrofeito) entre as 10.00 e ás 13.00 horas e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados nas cateogrías de benxamín (4-7 anos), alevín (8-10 anos) e infantil (11-13 anos).

O prazo de inscrición remata o martes, día 24, ás 14.00 horas. Os interesados en participar deberán anotarse na casa de cultura (981 511 065) ou no correo electrónico cultura@opino.gal. O concello facilitará o material necesario a todos os participantes no concurso.

Con este concurso, o Concello do Pino quere resaltar os espazos naturais do concello. O ano pasado o concurso contou cunha trintena de participantes.

A entrega de trofeos do Pescapino 2018 farase a partir das 13.00 horas. As bases do concurso establecen que a clasificación farase, en primeiro lugar, polo número de pezas válidas capturadas (250 puntos por cada peza), e un punto adicional por cada gramo de peso acumulado das pezas. En caso de empate terase en conta o número total de pezas de cada concursante e a idade, primando aos pescadores de menor idade.

Nos arquivos adxuntos figuran tanto as bases do concurso como a folla de inscrición, que pode cubrirse e entregarse ou enviarse por correo electrónico á Concellaría de Cultura (cultura@opino.gal)

Icon

Bases para concurso Pescapino 2018

1 file(s) 127.12 KB
Please login to download
Icon

Inscrición Pescapino 2018

1 file(s) 99.96 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Axudas aos autónomos para contratación indefinida de persoas asalariadas
Bo ambiente e moitas capturas no concurso deportivo infantil Pescapino 2018 »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English