O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / Bo ambiente e moitas capturas no concurso deportivo infantil Pescapino 2018

Bo ambiente e moitas capturas no concurso deportivo infantil Pescapino 2018

Novas

28-07-2018
28 Jul

  • Pablo Martínez, Darío Iglesias e Adrián Iglesias, vencedores nas categorías infantil, alevín e benxamín 
  • A actividade busca poñer en valor as localizacións naturais do Concello do Pino e o ocio ao aire libre

Máis de trinta rapaces e rapazas de entre 4 e 13 anos participaron esta mañá no concurso de pesca infantil Pescapino, na área recreativa da Magdalena. Un grande ambiente e boas capturas marcaron o desenvolvemento da proba, na que destacaron os xoves pescadores Pablo Martínez, Darío Iglesias e Adrián Iglesias, vencedores nas categorías infantil, alevín e benxamín, respectivamente.

O Pescapino, organizado polo Concello do Pino, reuniu na Magdalena (Castrofeito) a trinta e tres mozos e mozas e ás súas familias, que puideron gozar dunha mañá de pesca e de xogos populares, instalados na carballeira que rodea a lagoa. Aínda que a xornada amenceu húmida, as capturas non se fixeron de rogar, e as primeiras troitas comezaron a picar nada máis abrirse o período de competición.

Na categoría infantil, composta por participantes entre os 11 e os 13 anos, brillou Pablo Martínez (12 anos) con nada menos que oito pezas e máis dun quilo de peso en capturas. Quedou segundo Damián Ferreiro (13), con tres troitas e 465 g, e terceiro Brais Iglesias, tamén con tres pezas e 418 gramos

En alevíns, de 9 e 10 anos, gañou Darío Iglesias (10), con 4 exemplares e 600 g de peso; quedaron por detrás Gorka Carnota (9), coas mesmas capturas e 540 g, e Iago Bello (9), con 3 troitas e 341 g.

En canto á categoría benxamín, de 4 a 7 anos, o primeiro clasificado foi Adrián Iglesias (7), con 3 capturas e 398 g. Segundo quedou Leo Méndez (4) con 2 troitas e 254 g e terceiro Nahuel Gallicchio (7), cunha peza de 202 g.

Os gañadores das diferentes categorías foron recoñecidos cun trofeo conmemorativo do Pescapino 2018. Todos os nenos e nenas participantes recibiron como obsequio unha medalla de recordo. Na entrega de trofeos estivo presente o alcalde do Pino, Manuel Taboada Vigo. Coa organización un ano máis deste certame, o Concello do Pino busca poñer en valor os diversos espazos naturais con que conta o municipio e, ao tempo, dotar á cidadanía de alternativas de ocio ao aire libre.

Podes ver o album de fotos no Facebook do Concello, neste enlace

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Nenas e nenos de 4 a 13 anos poderán participar no PescaPino o 28 de xullo
O Pino engalánase para gozar coa Festa do Galo Piñeiro, mostra cabalar, Feira Celta e moita maxia »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • English
  • Galician
  • Spanish