O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

As persoas admitidas no Lecer Nadal 2023 deberán facer o pagamento antes do 21 de decembro

News

19/12/2023
19 Dec

Unha vez feito o pago, as familias deben presentar o xustificante no Rexistro ou na sede electrónica do Concello  ||    

19 de decembro de 2023

Faise pública a resolución da Alcaldía coa relación de menores admitidos no Lecer Nadal 2023, así como a cantidade que deberá aboar cada familia.

Para facer efectiva a matrícula, as familias teñen que facer o pagamento antes do 21 de decembro na conta do Concello, e remitir o xustificante de pagamento, xunto coa instancia que se acompaña ben no Rexistro Municipal ou na sede electrónica

A resolución da alcaldía, o documento de pago e a instancia para presentar a xustificación pódense descargar nos arquivos adxuntos

Icon

Relación de admitidos/as Lecer Nadal 2023

1 file(s) 1.04 MB
Download
Icon

Documento de pago Lecer Nadal 2023

1 file(s) 458.25 KB
Download
Icon

Documento para presentar xustificante de pagamento

1 file(s) 48.44 KB
Download

7 de decembro 2023

O Concello do Pino vén de abrir o prazo de solicitudes para participar no programa de conciliación Lecer Nadal 2023, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos que estean empadroados ou escolarizados no municipio, que pasen as vacacións no Pino ou que os seus proxenitores traballen no concello. Deste xeito, o Concello quere cubrir as necesidades de conciliación das familias con crianza durante as vacacións escolares de Nadal.

O Lecer Nadal desenvolverase, de luns a venres, entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro (agás os festivos) no pavillón municipal de Reboredo e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago, en horario de 8.00 a 15.00 horas. En concreto, o servizo prestarase de luns a venres os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e 2, 3, 4, e 5 de xaneiro. En total son 9 días de actividade e o prezo do programa é de 20 euros, ao que se lle aplicarán descontos por familia numerosa ou monoparental.

O Lecer Nadal 2023 conta cun total de 50 prazas. Para que se poida levar a cabo requirirase un número mínimo de solicitudes. No caso de que haxa máis peticións que prazas ofertadas, atenderase aos seguintes criterios para valorar a admisión: empadroamento do/a menor no Pino (cun mínimo de 3 meses de antigüidade), criterio técnico dos Servizos Sociais, familias monoparentais, escolarización no Concello; que o pai, nai ou titor traballe no termo municipal e menores que desfruten das vacacións no Pino.

As familias interesadas en participar no programa deberán cubrir a ficha de inscrición que está dispoñible nas oficinas municipais (de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres) ou poden descargala da web municipal neste enlace. Unha vez cuberta, a ficha de inscrición poderá presentarse ben de forma telemática na sede electrónica do Concello ou ben presencialmente no rexistro municipal (en horario de oficina, de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres). A data límite para presentar as solicitudes remata o luns, 18 de decembro.

O pagamento efectuarase unha vez publicada a lista de nenos e nenas admitidos, na conta que o Concello ten en Abanca e que aparece nas bases do programa. O xustificante de pagamento deberá ser remitido ao Concello, presencialmente ou a través da sede electrónica, como data límite o 21 de decembro.

As bases e a ficha de inscrición no Lecer Nadal poden consultarse na web municipal (www.opino.gal). Na mesma tamén están dispoñibles o formulario de solicitude de inscrición para a súa descarga.

As bases e a ficha de inscrición pódense descargar nos seguintes enlaces:

Icon

Ficha inscrición Lecer Nadal 2023

1 file(s) 1.30 MB
Download
Icon

Bases Lecer Nadal 2023

1 file(s) 104.77 KB
Download

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« As orquestras Trebol e París de Noia xuntaron a centos de persoas na Festa da Xuventude do Pino
O Pino aproba modificar o convenio con Augas de Galicia para a construción da depuradora »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English