O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

As comisións de festas xa poden solicitar as axudas do Concello para facer as festas patronais

Cultura· News

08/04/2024
8 Apr

O Concello do Pino informa de que xa está aberto o prazo para que as persoas responsables das comisións de festas das trece parroquias do municipio soliciten as axudas municipais destinadas a facer as festas patronais neste ano 2024. As achegas, nominativas e que asceden aos 900 euros, están recollidas no Plan Estratéxico de Subvencións do Concello do Pino 2021-204 con cargo ao orzamento 2024.

De cara a proceder á tramitación destas subvencións, as persoas interesadas deberán presentar a seguinte documentación:

  1. NIF da entidade
  2. Declración responsable na que se fai constar que cumpre con todos os requisitos para se beneficiar da axuda segundo o disposto no artigo 13 da Lei 38/2003; que non está incursa en ningún suposto de incompatibilidade para a percepción de subvencións públicas; que se atopa ao corrente de pago dos seus deberes tributarios e coa Seguridade Social e que non ten pendente de pago ningunha cantidade derivada de expedientes de reintegro de subvencións
  3. Declaración responsable do compromiso de que todo o persoal adicado a realización das actividades ou proxectos solicitados que impliquen contacto habitual con menores cumpre co requisito previsto no art. 13.5 da Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro de Protección Xurídica do menor e no art. 8.4 da Lei 45/2015, de 14 de outubro, de Voluntariado
  4. Certificación bancaria do número de conta a nome da asociación por entidade beneficiada, en o que se deba facer o ingreso da axuda correspondente
  5. Nomeamento de cargos en vigor
  6. Certificados expedidos pola AEAT, ATRIGA e a Seguridade Social acreditativos de estar ao corrente no cumprimento dos seus deberes.
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pleno do Pino prorroga o contrato do Servizo de Axuda no Fogar para outra anualidade
A Xunta e o Concello do Pino unen forzas para mellorar a accesibilidade na contorna da capela da Magdalena »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English