O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

A Xunta e o Concello do Pino unen forzas para mellorar a accesibilidade na contorna da capela da Magdalena

News

23/04/2024
23 Abr

As obras terán un investimento total de 237.200 euros // Pavimentarase unha superficie superior aos 1.700 metros cadrados e canalizaranse as pluviais e o alumeado // Os traballos inclúen a colocación dunha pasarela de madeira e de mesas e bancos de pedra // 

Área recreativa da Magdalena 

O Consello da Xunta deulle luz verde onte, 22 de abril, ao convenio co Concello do Pino para mellorar a accesibilidade na contorna da capela da Magdalena, cunha clara meta: facer deste espazo un lugar máis seguro e inclusivo. Este acordo supón un investimento total de 237.200 euros, dos cales a Administración autonómica aportará máis de 213.500 euros, representando así o 90% do financiamento total.

As obras planificadas comprenden a pavimentación dunha área superior a 1.700 metros cadrados, abarcando 535 metros cadrados na proximidade directa da capela, 615 metros cadrados de acceso á mesma e 555 metros cadrados de sendas. Ademais, realizaranse labores de canalización das augas pluviais e do alumeado, así como a instalación de 490 metros de pasarela de madeira, xunto con mesas e bancos de pedra. Tamén se acondicionará a superficie afectada con terra vexetal e procederase á sementeira de céspede.

A área recreativa da Magdalena, situada na parroquia de Castrofeito, é un dos espazos naturais máis destacados do municipio, provisto de carballeiras e zonas de descanso. Con esta iniciativa, a Xunta de Galicia pon en valor un enclave significativo para a veciñanza do Pino, ao tempo que potencia o atractivo turístico do municipio.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« As comisións de festas xa poden solicitar as axudas do Concello para facer as festas patronais
Abre a inscrición para a terceira edición de O Pino Aventura, que será o 11 de maio en Ferreiros »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English