O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / A Carreira Pedestre Popular do Pino celébrase o domingo 22 con saída e meta na praza de Forcarei

A Carreira Pedestre Popular do Pino celébrase o domingo 22 con saída e meta na praza de Forcarei

Novas

06-05-2022
6 May

Na categoría absoluta as persoas participantes deberán percorrer 8 quilómetros e en menores de 6 anos uns trescentos metros  ||  

Haberá premios en metálico para os tres primeiros clubes federados, e trofeos para os primeiros de cada categoría  ||  

Os escolares recibirán unha medalla  ||  

O Pino Carreira Pedestre Popular celebrada en 2019

A XVI Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino bateu o seu récord de asistencia na última edición, celebrada en 2019, con 610 corredores de todas as idades.

O Concello de O Pino organiza o vindeiro domingo día 22 a XVIII Carreira pedestre popular cun percorrido de 8 quilómetros para a categoría absoluta e de 300 metros no caso de menores de seis anos. A primeira saída darase ás 10.00 horas na praza de Forcarei (Arca), onde tamén está situada a meta.

Organizada baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, esta proba pertence ao VIII Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña.

Na proba poderán participar atletas federados e non federados e haberá unha soa clasificación conxunta. O control da proba estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

A inscrición deberá facerse na web carreirasgalegas.com (neste enlace) antes das 23.59 horas do xoves 19 de maio. A recollida de dorsais será na secretaría técnica (situada na praza de Forcarei) 30 minutos antes da saída. O regulamento da proba pódese consultar na mesma paxina web da inscrición.

A saída da categoría absoluta (maiores de 18 anos) será ás 10.00 horas, e as seguintes iranse facendo de xeito consecutivo ata ás 12.10, cando comezarán a correr as persoas participantes menores de seis anos.

O Concello entregará trofeo para os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas das diferentes categorías absolutas, e para o primeiro home e muller das categorías Sub-8 ata Sub-18, entre outras premiacións. Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes aos e ás atletas locais. Haberá medallas para todas as persoas participantes nas categorías escolares entre Sub-6 e Sub-12.

No caso dos clubs federados establécense premios en metálico de 150, 100 e 50 euros para os tres primeiros, tanto en categoría masculina como feminina.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino súmase ao Camiño dos Dereitos Humanos que promove a Fundación ISHR
O Pino leva á veciñanza ao balneario de Cuntis para gozar do maior circuíto lúdico-termal de Galicia »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English