O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / O Pino súmase ao Camiño dos Dereitos Humanos que promove a Fundación ISHR

O Pino súmase ao Camiño dos Dereitos Humanos que promove a Fundación ISHR

Novas

04-05-2022
4 May

O alcalde e a presidenta da fundación americana colocaron hoxe unha placa na casa consistorial  ||  

A entidade está desenvolvendo esta iniciativa polo Camiño Primitivo, dende Oviedo ata Compostela  ||  

O alcalde do Pino, Manuel Taboada Vigo, e a directora da fundación americana International Solidarity for Human Rights, Elizabeth Sánchez, colocaron esta mañá na casa consistorial a placa conmemorativa do respaldo municipal ao Camiño dos Dereitos Humanos que está a promover a entidade con sede en Miami no Camiño Primitivo.

A Fundación ISHR conta co apoio de diferentes administracións do Camiño Primitivo para levar a cabo esta iniciativa, que consiste na colocación d unha placa de bronce con cada un dos dereitos humanos en lugares destacados desta ruta de peregrinación a Compostela. No caso do Pino, a placa fai mención ao artigo 27 da Convención da ONU sobre os dereitos humanos. “Teño dereito a cultura”, di a lenda grabada que hoxe se colocou na entrada da casa consistorial do Pino.

Nesta iniciativa, a Fundación ISHR vai colocar 30 placas de bronce entre Oviedo e Compostela. Onte puxéronas en Arzúa e no Pino. A Fonsagrada, Castroverde, Grandas de salime, Pola de Allande, Tineo ou Salas son outros dos municipios que tamén colaboran co Camiño dos Dereitos Humanos.

No acto de hoxe, ademais de Manuel Taboada e Elizabeth Sánchez, tamén participaron Devorah Sasha e Wilma Bulkin Siegel, directoras da Fundación ISHR; e Xesús Palmou e Ulises Bartolo, presidente e secretario Xeral da Academia Xacobea, entre outros.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Cristina Carril e outros tres membros do C.A. O Pino irán coa selección galega ao Campionato de España de trail runing
A Carreira Pedestre Popular do Pino celébrase o domingo 22 con saída e meta na praza de Forcarei »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • English
  • Galician
  • Spanish