NO 2014 CONSTRUIRASE UN NOVO LOCAL SOCIAL EN CASTROFEITO
Dentro dos investimentos do próximo ano 2014, tense prevista a construción dun local social na parroquia de Castrofeito, no lugar de Santiso.
Esta obra contará cun investimento que ronda os 202.000 euros, e terá unha superficie de 200 metros cadrados.