O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Axudas da Deputación da Coruña ás empresas

Axudas da Deputación da Coruña ás empresas

Novas

27-02-2018
27 Feb

A Deputación da Coruña convocou distintas axudas enmarcadas no Plan de Emprego Local dirixidas ás empresas que teñan o domicilio fiscal e centro de traballo en algún municipio da provincia da Coruña:

LÍNEA 2: PEL EMPRENDE INVESTIMENTO 2018 – Convocatoria de axudas á consolidación do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables relacionados co desenvolvemento da actividade empresarial(maquinaria, aplicacións informáticas, mobiliario ou equipos e útiles de traballo). As empresas que queira solicitar as axudas, deberán ter unha antigüidade máxima de 5 anos anteriores ao 15 de febreiro de 2018, tanto si son persoas físicas como xurídicas. O presuposto mínimo de gasto deberá ser de 2.500 € e máximo de 25.000 (excluído o IVE), do cal poderán solicitar, como máximo, o 80% acadando 20.000 € de subvención (excluído o IVE) podendo incrementarse 3.000 € máis se o solicitante ten a empresa nun concello de menos de 20.000 habitantes, si é una muller ou si é una persoa con discapacidade igual ou superior ao 33% ou en risco de exclusión social. Os investimentos deberán realizarse entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018.

LÍNEA 3.1: PEL – PEMES 2018 – Convocatoria de incentivos á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas, consistente na contratación dun/dunha traballador/a en situación de desemprego e inscrito como demandante de emprego na Oficina de Emprego. A duración do contrato deberá de ser por un período mínimo de 12 meses, acadando o 75% dos custos salariais totais cun mínimo de 13.500 € e máximo de 16.500 € de subvención, segundo a categoría profesional do traballador/a a contratar. Serán subvencionables as contratacións realizadas entre o 1 de xaneiro de 2018 e ata dous meses despois da data de resolución de concesión da axuda.

LÍNEA 3.2: PEL – PEMES. MANTEMENTO 2018 – Convocatoria do programa de incentivos ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. Para acollerse á subvención, a empresa deberá ter sido beneficiario/a da subvención PEL PEMES 2017 e ter levado a cabo a contratación de maneira indefinida e manter a mesma á data de solicitude desta axuda. A axuda cubrirá como máximo o 50% dos custos salariais totais da persoa contratada dende o momento en que finalice o período subvencionable anterior. O importe da subvención a conceder irá dende os 9.000 € aos 11.000 € segundo a categoría profesional na que estea enmarcado o traballador/a.

PRAZO DE SOLICITUDES: Dende o 28 de febreiro ata ás 14:00 horas do 22 de marzo de 2018. A tramitación das solicitudes realizaranse de maneira telemática en todalas fases do procedemento: solicitude, concesión e xustificación.

Ver convocatorias en arquivos adxuntos:

Icon

Bases reguladoras incentivos contratación PEL-pemes 3.1

1 file(s) 433.06 KB
Download
Icon

Bases reguladoras mantemento cadro persoal PEL-pemes.3.2

1 file(s) 428.59 KB
Download
Icon

Bases reguladoras PEL-Emprende investimento 2018

1 file(s) 369.77 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Axudas do IGAPE-programa Galicia Rural Emprende
Solcitude de axudas por fillos a cargo menores de 3 anos »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego