Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

As temáticas festivas impóñense no animado concurso de Entroido do Pino

Novas

12/02/2024
12 Feb

‘Autos Martís’, recreación dunha atracción de coches de choque, leva o premio ao disfrace máis orixinal // ‘Festas do Apóstolo anos 60’ imponse na categoría de carrozas //

 

‘Autos Martís’, recreación dunha atracción de coches de choque a cargo dun nutrido grupo de veciñas e veciños do concello, fíxose este domingo co premio aos disfraces máis orixinais nun animado concurso de Entroido do Pino no que se repartiron un total de 2.300 euros en premios e no que triunfaron sobre todo os atuendos coloridos e de temática festiva. Os dous  premios de maior contía, o de comparsa e carroza, levounos a Asociación veciñal A Carballeira de Chaián cunhas divertidas parodias sobre as ‘Festas do Apóstolo nos anos 60’ e ‘A catedral de Santiago’.

Na categoría infantil, a máis concorrida do concurso con dezanove participantes, os premios foron para ‘A diosa do arco iris’ e ‘Un erizo’. Como mellor disfrace individual foi elixida ‘Antroidada campal’, cun traxe no que non faltaban nin as restras de chourizos nin as verzas para celebrar estas datas como manda a tradición.

E tamén espectaculares foron os traxes que luciron as gañadoras do premio por parellas, que co seu ‘Cores de esperanza’ quixeron chamar a atención sobre os diferentes tipos de cancro e o seu tratamento. No premio de grupo gañou a tamén moi vistosa ‘Alicia no país das marabillas’.

A orquestra Los Satélites encargouse de animar dende primeira hora da tarde e ata xa ben entra a noite ao numeroso público que se congregou na praza do Concello e que puido quentar o corpo co chocolate quentiño e os produtos típicos do Entroido que ofreceu o alumnado de 4º da ESO do CPI Camiño de Santiago co obxectivo de recadar fondos para a excursión de fin de curso. Coa mesma fin, realizaron un sorteo de dúas cestas.

Relación de premios

Individual infantil
1. A diosa do arcoíris. 150€
2. Un erizo. 100€

Individual
1. Antroidada campal. 150€

Parella
1. As cores da esperanza. 200€

Grupo
1. Alicia no país das marabillas. 300€

Comparsa
1. Festas do Apóstolo anos 60. 700€

Carroza
1. A catedral de Santiago. 500€

Máis orixinal
1. Autos Martís. 200€

'Autos Martís', premio aos disfraces máis orixinais do concurso de Entroido do Pino 2024

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino destina 224.000 euros do POS+ a obras de mellora de pistas en cinco parroquias
Autobús gratuíto aos colexios electorais o 18F »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés