Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

A Festa de Nadal engaiola á veciñanza do Pino con xogos, obradoiros e o acendido da árbore

Novas

17/12/2022
17 Dec
  • A praza do Concello buliu coa animada participación de grandes, pequenos e pequenas nas actividades para toda a familia //

  • Papá Noel recibiu as cartas coas peticións dos nenos e das nenas //

O Concello do Pino deulle esta tarde á benvida ao Nadal co acendido da árbore e a celebración dunha gran festa chea de actividades (obradoiros, xogos, teatro…) e apta para todos os públicos, aínda que os grandes protagonistas da xornada foron os rapaces e as rapazas do municipio. Non faltou á cita a visita dun dos personaxes máis queridos polos nenos e nenas nestas datas: Papá Noel.

A Praza do Concello, escenario da celebración, converteuse ao longo da tarde nun ir e vir de xente, especialmente familias con crianzas, desexosas de participar nos diferentes obradoiros e xogos programados polo Concello para dar a benvida ao Nadal. Os asistentes puideron elaborar adornos de Nadal (que despois se levarían para a casa) ou estampar a súa propia camiseta con motivos destas datas e mesmo maquillarse ou levar algún tatuaxe marcado. Os máis pequenos e pequenas tamén tiveron a oportunidade de facer a súa carta de Papá Noel.

Papa Noel, que asistía ao acendido das luces da árbore de Nadal, recibiu as peticións de cada unha das nenas e dos nenos presentes na festa e que quixeron contarlle os seus desexos. Moitos pais e nais aproveitaron para tomar unha fotografía e inmortalizar o momento.

A diversión estivo asegurada cos xogos en familia e unha divertida xincana na que participaron grandes, pequenos e pequenas e que agudizou o sentido da deportividade. O público asistente tamén gozou coa divertida aposta de Títeres Babaluva, Feira de sementes.

O alumnado de 4º da ESO do Pino aproveitou a celebración para instalar un posto con  lambetadas e recadar deste xeito fondos para a excursión de fin de curso.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A Deputación financia os Servizos Sociais municipais cunha achega de 61.136 euros
As familias xa poden proceder ao pagamento do Lecer Nadal logo de admitirse todas as solicitudes »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego