O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / Xa se poden reservar as entradas para o Festival Folk O Pino que se celebrará o 31 de xullo

Xa se poden reservar as entradas para o Festival Folk O Pino que se celebrará o 31 de xullo

Novas

16-07-2021
16 Jul
  • Manoele de Felisa e Queiman e Pousa traerán os seus espectáculos ao campo da festa de Arca

  • Substitúe os actos tradicionais da Festa do Galo Piñeiro

Por segundo ano consecutivo, e coa fin de evitar a propagación da pandemia da covid-19, o Concello do Pino tomou a decisión de suspender a celebración da Festa do Galo Piñeiro ao xeito tradicional. Adaptándose ás restricións e aos protocolos sanitarios vixentes, substitúe así o xantar popular, os certames e os actos que se viñan celebrando habitualmente polo Festival Folk O Pino 2021, que terá lugar o 31 de xullo no campo da festa de Arca e constará de dous espectáculos con entrada independente.

O primeiro dos espectáculos programados no Festival Folk O Pino 2021 é Cancioneiro no Camiño, de Manoele de Felisa Grupo. Trátase dun percorrido teatralizado por 18 cancións tradicionais e de autoría propia de Manoele de Felisa no que se repasan historias acontecidas nos Camiños dende a chegada do Apóstolo a Galicia até hoxe. A actuación iniciarase ás 20.00 horas.

Música folk, danza e efectos especiais poñeránlle a partir das 22.30 o colofón ao festival coa actuación de Queiman e Pousa, que estrearán no Pino o seu espectáculo Queiman e Folki. Nel enxalzan a nosa terra galega homenaxeando as súas xentes, as súas paisaxes, a súa cultura ou as súas lendas. O público asistente participará tamén dun sorprendente ritual da queimada.

A entrada ao festival é gratuíta, pero é necesario reservar invitacións por motivos de aforo. As persoas interesadas, poderán reservar ata un máximo de seis entradas por espectáculo dende hoxe ata o xoves 29 de xullo chamando ao teléfono 981 51 10 65 (de luns a venres, entre as 10.00 e as 14.00 horas) ou enviando un correo electrónico a cultura@opino.gal, no que terán que facer constar nome, DNI e número de teléfono. Todos os asistentes permanecerán sentados, en sillas individuais, que manterán entre elas unha separación de 1,5 metros.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O día de San Pedro e o da Madalena volverán ser festivos locais no Pino o ano que ven
O Pino vai licitar a recollida do lixo durante dous anos por un máximo de 295.000 euros »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English