O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / O Pino abre dende mañá a piscina de Lameiro de 12.00 a 20.00 horas de luns a domingo ata a primeira semana de setembro

O Pino abre dende mañá a piscina de Lameiro de 12.00 a 20.00 horas de luns a domingo ata a primeira semana de setembro

Novas

30-06-2021
30 Jun
  • A entrada individual custa 3,60 diarios  ||  

  • Hai abonos para a toda a tempada de 6 e 12 euros para residentes e de 12 e 24 euros para non empadroados  ||  

  • A abono familiar para unha familia con dous ou máis filloas supón 24 euros todo o verán  || 

  • Os cursos de natación serán os luns e xoves e requírese ser aboado  ||  

O Concello de O Pino inaugura mañá a tempada de verán na piscina municipal de Lameiro a partir das 12.00 horas. Esta instalación estará aberta ata a primeira semana de setembro en horario de 12.00 a 20.00 horas de luns a domingo.

A instalación seguirá a normativa establecida pola Xunta de Galicia no que atinxe á ocupación da instalación, que non poderá superar o 75% da súa capacidade. Se a demanda supera o aforo permitido, establecerase un servizo de cita previa.

Para poder gozar das instalacións, o Concello do Pino fixou o prezo da entrada diaria en 3,60 euros, e tamén estableceu a posibilidade de conseguir abonos a prezos reducidos.

Así, as persoas empadroadas no Pino menores de 16 anos poderán conseguir un abono para todo a temporada de 6 euros, e de 12 euros para os maiores desa idade. As persoas non residentes no municipio deberán pagar polo abono 12 e 24 euros, respectivamente.

Hai tamén un abono familiar que resulta aínda máis económico, a que unha familia composta por pai, nai e dous ou máis fillo só pagará 24 euros pola temporada. O bono familiar ten os seguintes prezos: Cota pai e nai (15 euros); cota primeiro fillo (6 euros), segundo fillo (3 €) e o terceiro e. Sucesivos (gratis).

Cursos de natación

Como todos os anos, na piscina de Lameiro tamén se ofertarán cursos de natación para as persoas interesadas, que deberán ser aboadas. Os cursos impartiranse dous días a semana, os luns e xoves, en quendas de 12.30 e 13.15 horas. As persoas menores de 16 anos pagarán 3 euros ao mes, e as de máis idade pagarán 9 euros mensuais. Os cursos de natación comezarán a vindeira semana e desenvolveranse só durante os meses de xullo e agosto.

As persoas que estean en posesión do carné xove terán un desconto do 25% nas tarifas.

Os bonos para asistir á piscina e para os cursos de natación poden retirarse nas oficinas municipais da casa do Concello de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Admitidas todas as persoas que solicitaron praza na Escola de Verán de O Pino
O día de San Pedro e o da Madalena volverán ser festivos locais no Pino o ano que ven »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English