Concederanse un total de dez bolsas de 300 € para financiar os gastos correntes de material, residencia e matrícula //
Os beneficiarios deben estar empadroados no Pino dende polo menos un ano antes//
25 de setembro de 2023
Coa publicación no BOP da convocatoria, abre o prazo de 10 días hábiles para solicitar as axudas para estudantes universitarios ou que cursen ciclos formativos de grao superior no curso académico 2023/2023. Os estudantes empadroados no Pino dende hai máis dun ano poderán beneficiarse dunha axuda de 300 euros. O prazo cóntase desde o día seguinte ao da publicación do extracto no BOP; isto é: do 26 de setembro ao 9 de outubro poderán formalizarse as solicitudes no modelo establecido a tal fin no Rexistro Xeral do Concello ou por algunha outra forma contemplada na Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
19 de setembro de 2023
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe o anuncio de aprobación das bases reguladoras das axudas municipais para estudantes universitarios ou que cursen ciclos formativos de grao superior no curso académico 2023/24. Os estudantes empadroados no Pino dende hai máis dun ano poderán beneficiarse dunha subvención de 300 euros para financiar os gastos correntes de material, residencia e matrícula. Haberá dez días hábiles, a contar desde o día seguinte da publicación da convocatoria no BOP, para presentar as solicitudes.
En total, concederanse dez bolsas de axudas de 300 euros a aqueles estudantes que, reunindo os requisitos, acrediten os ingresos familiares máis baixos, cun límite de crédito orzamentario de 3.000 euros. No caso de que unha vez efectuada a avaliación o número de axudas supere o límite máximo do crédito dedicado á subvención, resolverase a favor das solicitudes cuxos ingresos familiares sexan menores.
As bases publicadas no BOP pódense consultar no arquivo adxunto.