Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Abre o prazo para solicitar as bolsas municipais de 300 euros para estudantado universitario e de FP superior

Novas

25/09/2023
25 Set
  • Concederanse un total de dez bolsas de 300 € para financiar os gastos correntes de material, residencia e matrícula //

  • Os beneficiarios deben estar empadroados no Pino dende polo menos un ano antes//

25 de setembro de 2023

Coa publicación no BOP da convocatoria, abre o prazo de 10 días hábiles para solicitar as axudas para estudantes universitarios ou que cursen ciclos formativos de grao superior no curso académico 2023/2023. Os estudantes empadroados no Pino dende hai máis dun ano poderán beneficiarse dunha axuda de 300 euros. O prazo cóntase desde o día seguinte ao da publicación do extracto no BOP; isto é: do 26 de setembro ao 9 de outubro poderán formalizarse as solicitudes no modelo establecido a tal fin no Rexistro Xeral do Concello ou por algunha outra forma contemplada na Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Icon

Extracto das bases reguladoras da convocatoria de axudas para estudantes universitarios ou de ciclos formativos de grao superior no curso 2023-2024

1 file(s) 127.65 KB
Download

 

19 de setembro de 2023

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe o anuncio de aprobación das bases reguladoras das axudas municipais para estudantes universitarios ou que cursen ciclos formativos de grao superior no curso académico 2023/24. Os estudantes empadroados no Pino dende hai máis dun ano poderán beneficiarse dunha subvención de 300 euros para financiar os gastos correntes de material, residencia e matrícula. Haberá dez días hábiles, a contar desde o día seguinte da publicación da convocatoria no BOP, para presentar as solicitudes.

En total, concederanse dez bolsas de axudas de 300 euros a aqueles estudantes que, reunindo os requisitos, acrediten os ingresos familiares máis baixos, cun límite de crédito orzamentario de 3.000 euros. No caso de que unha vez efectuada a avaliación o número de axudas supere o límite máximo do crédito dedicado á subvención, resolverase a favor das solicitudes cuxos ingresos familiares sexan menores.

As bases publicadas no BOP pódense consultar no arquivo adxunto.

Icon

Bases para axudas a estudantes universitarios e de grao superior de FP para o curso 2023-24

1 file(s) 163.32 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Silvia García e Amador Pena foron os gañadores da XVIII Carreira Popular de O Pino
O Pino amplía o contrato do lixo para colocar o contedor marrón en 50 puntos do municipio »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés