O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Concesión definitiva das subvencións para asociacións veciñais, culturais, deportivas e de patrimonio histórico

News

14/06/2024
14 Jun

14 de xuño de 2024

Publícase o acordo da Xunta de Goberno Local coa concesión definitiva de subvencións municipais para asociacións veciñais, culturais, deportivas e de patrimonio histórico do Concello do Pino.

O acordo pode consultarse no documento adxunto.

Icon

Concesión definitiva de subvencións municipais para asociacións veciñais, culturais, deportivas e de patrimonio histórico

1 file(s) 1.11 MB
Download

 

30 de maio de 2024

Publícase o acordo da Xunta de Goberno Local de aprobación da concesión provisional de subvencións para asociacións veciñais, culturais, deportivas e de patrimonio histórico no Concello do Pino.

Icon

Concesión provisional de subvencións para asociacións veciñais, culturais, deportivas e de patrimonio histórico

1 file(s) 1.01 MB
Download

 

13 de marzo de 2024

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica unha corrección de erros no extracto das bases da convocatoria de subvencións para asociacións veciñais, culturais, deportivas e de patrimonio histórico do Concello do Pino para o exercicio 2024. O prazo de presentación de solicitudes remata o 7 de abril.

Onde di:

Quinto.-Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

A solicitude de subvención presentarase na sede electrónica do Concello do Pino https://opino.sedelectronica.gal no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín oficial da provincia da Coruña.

debe dicir:

Quinto.-Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

A solicitude de subvención presentarase na sede electrónica do Concello do Pino https://opino.sedelectronica.gal no prazo dun mes contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín oficial da provincia da Coruña.

O prazo para presentar as solicitudes remata o 7 de abril de 2024.

Icon

BOP: Corrección de erros no extracto das bases da convocatoria de subvencións para entidades e asociacións sen ánimo de lucro

1 file(s) 119.62 KB
Download

 

7 de marzo de 2024

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica o extracto das bases da convocatoria de subvencións para asociacións veciñais, culturais, deportivas e de patrimonio histórico do Concello do Pino para o exercicio 2024. O prazo de presentación de solicitudes comeza ao día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria.

Icon

BOP: Extracto das bases da convocatoria de subvencións para entidades e asociacións sen ánimo de lucro

1 file(s) 130.27 KB
Download

 

4 de marzo de 2024

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica na súa edición de hoxe, luns 4 de marzo, o anuncio da aprobación das bases da convocatoria de subvencións municipais destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do Concello do Pino para o presente exercicio 2024. A convocatoria diríxese ás entidades veciñais, culturais, deportivas e do patrimonio histórico do Pino, co obxecto de promover e apoiar estas entidades como ferramentas activadoras e catalizadoras da participación cidadá. O Concello do Pino destina a estas axudas un total de 41.550 € de fondos propios.

As solicitudes presentaranse na sede electrónica do Concello do Pino no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no BOP.

A instrución do procedemento de concesión corresponde ao departamento de secretaría-intervención, que formulará unha proposta de resolución provisional. Tras esta publicación concederase ás entidades solicitantes un prazo de cinco días naturais para presentar as alegacións que estimen oportunas.

O prazo de xustificación da subvención será 1 de decembro deste ano para todas aquelas entidades que resulten finalmente beneficiadas con algunha destas axudas.

O anuncio da convocatoria, así como as bases da mesma e os anexos pódense consultar no arquivo adxunto.

Icon

Anuncio no BOP da convocatoria de subvencións para entidades e asociacións sen ánimo de lucro

1 file(s) 179.89 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino clausura o curso das escolas deportivas municipais, nas que se formaron 200 menores
O Concello do Pino concede preto de 26.000 euros en axudas a outras once asociacións »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English