O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Concello de O Pino e ANPA regularizan un servizo de fotocopias para tarefas escolares

News

08/04/2020
8 Abr
  • Aquelas familias que non teñan impresora ou acceso a internet deberán solicitar as copias por mail ou teléfono

  • Atenderase na biblioteca municipal os martes e xoves de 11.00 a 13.00 horas

O Concello de O Pino leva semanas imprimindo as tarefas escolares daquelas familias que llo solicitaron. O equipo de goberno chegou a un acordo coa Asociación de Nais e Pais do CPI Camiño de Santiago para regularizar este servizo e facilitarlle ás familias que non teñan impresora ou acceso a internet poidan fotocopiar as tarefas que lle manda o profesorado do CPI mentres dure o estado de alarma.

Os martes e xoves, de 11.00 a 13.00 horas, na biblioteca municipal, faranse as fotocopias que previamente soliciten as familias. As persoas interesadas poderán recoller as copias na biblioteca, situada no centro sociocultural Luis Seoane no mesmo horario. Aquelas persoas que non se poidan achegarse ata a biblioteca poderán solicitar tamén que dende o concello lle acheguen as copias aos seus domicilios.

Con antelación suficiente, as familias deberán solicitar o servizo de impresión de tarefas escolares por dúas vías. Preferiblemente mandando un mail a cultura@opino.gal con aqueles arquivos e tarefas que necesiten imprimir. No caso de familias sen acceso a internet poderán chamar ao teléfono 981 511 065 (os martes e xoves de 11.00 a 13.00 horas) para facilitar todos os datos necesarios.

Ata o de agora, dende o Concello xa se teñen impreso aquelas tarefas que diferentes familias solicitaron imprimir. Co acordo entre a ANPA e o equipo de goberno municipal, agora establecese un horario regular e un procedemento para que todas as familias sen os recursos necesarios poidan seguir facilitándolle as tarefas escolares aos seus fillos e fillas.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Alcalde e concelleira de Cultura do Pino doarán o 30% do seu salario de abril a Servizos Sociais
O Concello de O Pino merca 10.000 mascarillas que repartirá entre as persoas empadroadas »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English