O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / Alcalde e concelleira de Cultura do Pino doarán o 30% do seu salario de abril a Servizos Sociais

Alcalde e concelleira de Cultura do Pino doarán o 30% do seu salario de abril a Servizos Sociais

Novas

08-04-2020
8 Apr

O alcalde de O Pino, Manuel Taboada, e a concelleira de Cultura, Eva Varela, os únicos con dedicación exclusiva no goberno municipal, decidiron doar un 30% do salario do mes de abril aos Servizos Sociais do concello para colaborar coas familias máis vulnerables pola crise do coronavirus COVID-19.

Con esta decisión, que se adoptan seguindo a recomendación do presidente da Xunta, dende o equipo de goberno de O Pino quérese contribuír a apoiar o “importante labor que dende o departamento de Servizos Sociais municipais se está a facer entre a veciñanza, con seguimento telefónico constante a aquelas familias máis vulnerables para axudarlles a cubrir as súas necesidades básicas, e o labor que están a desenvolver co Servizo de Axuda no Fogar”, explica Manuel Taboada.

Durante as últimas semanas, dende o Concello de O Pino estivéronse repartindo máis de 2.000 quilos de alimentos entre as familias con menos recursos do municipio, unha iniciativa na que o concello colaborou co Banco de Alimentos Rías Altas.

Nesta liña, tanto o alcalde como a concelleira de Cultura recordan que todas aquelas persoas do Pino que estean a pasar momentos de dificultade pódense poñer en contacto co Concello, no teléfono 981 511 002, “e dende Servizos Sociais tratarán de axudalos, dentro das nosas posibilidades, levándolle medicinas ou alimentos, ou contactando cos supermercados para que lles poidan achegar a súa casa produtos básicos”, como recordaba o alcalde na mensaxe que lle dirixiu á veciñanza o pasado 26 de marzo

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O alcalde de O Pino anima á veciñanza: “Todos xuntos venceremos ao coronavirus. Queda na casa”
Concello de O Pino e ANPA regularizan un servizo de fotocopias para tarefas escolares »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • English
  • Galician
  • Spanish