O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / O estudantado universitario e de FP superior poderá solicitar a axuda do concello a partir do 23 de setembro

O estudantado universitario e de FP superior poderá solicitar a axuda do concello a partir do 23 de setembro

Novas

22-09-2022
22 Sep

22 de setembro de 2022

Faise público o extracto das bases para a solicitude de axudas municipais aos estudos superiores tanto de formación profesional como universitarios datado en 22 de setembro, abríndose o prazo de presentación de solicitudes a partir do 23 de setembro. O extracto das bases pode ser consultado no arquivo adxunto.

Icon

Extracto das bases para axudas a estudantes universitarios e de grao superior de FP

1 file(s) 126.51 KB
Download

 

19 de setembro de 2022

Procédese á corrección dun erro nas bases para a concesión de axudas ao estudantado de O Pino. O novo arquivo pode ser descargado a continuación:

Icon

Bases reguladoras para axudas universitarias e FP superior

1 file(s) 138.12 KB
Download

 

14 de setembro de 2022

  • Concederanse un total de dez bolsas de 300 € para financiar os gastos correntes de material, residencia e matrícula //
  • Os beneficiarios deben estar empadroados no Pino dende antes do 5 de novembro de 2021

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou onte o extracto das bases reguladoras das axudas para estudantes universitarios ou que cursen ciclos formativos de grao superior no curso académico 2022/23. Os estudantes empadroados no Pino dende hai máis dun ano poderán beneficiarse dunha subvención de 300 euros para financiar os gastos correntes de material, residencia e matrícula. As solicitudes poderán presentarse desde o día seguinte da publicación do extracto das bases ata o 5 de novembro.

En total, concederanse dez bolsas de axudas de 300 euros a aqueles estudantes que, reunindo os requisitos, acrediten os ingresos familiares máis baixos, cun límite de crédito orzamentario de 3.000 euros. No caso de que unha vez efectuada a avaliación o número de axudas supere o límite máximo do crédito dedicado á subvención, resolverase a favor das solicitudes cuxos ingresos familiares sexan menores.

Pode descargar das bases publicado hoxe no BOP, así como as bases e os anexos que se deben presentar para solicitar as axudas desta convocatoria nos arquivos adxuntos.

Icon

Bases reguladoras para axudas universitarias e FP superior

1 file(s) 138.12 KB
Download
Icon

Anexos I e II para as axudas universitarias e FP superior

1 file(s) 32.63 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Pequenos e maiores gozan na I Festa da familia O Papaventos que organiza o Concello do Pino
O Pino abrirá o luns 3 de outubro o ximnasio de Lameiro de xeito gratuíto para a veciñanza »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • English
  • Galician
  • Spanish