Prestará atención á cativada de entre 3 e 12 anos de 9.00 a 15.00 horas // Desenvolverase en catro sesións, os días 25, 26 e 27 de marzo e 1 de abril // O prezo é de 10 euros con descontos para familias monoparentais e numerosas//
27-3-2024
Publícase unha corrección de erros da listaxe de participantes admitidos/as na actividade Lecer Semana Santa 2024.
Rectificación listaxe de admitidos na actividade 'Lecer Semana Santa 2024'
22-3-2024
Publícase a rectificación da listaxe de participantes admitidos/as na actividade Lecer Semana Santa 2024. O ingreso, coa cota correspondente a cada participante, deberá facerse especificando o nome da persoa usuaria na conta bancaria ABANCA ES70 2080 0337 1131 1000 0078.
O xustificante de pago deberá entregarse nas dependencias do Concello ou a través da sede electrónica na data límite do venres 22 de marzo de 2024.
21-3-2024
Publícase a listaxe de participantes admitidos/as na actividade Lecer Semana Santa 2024, así como as cotas correspondentes a cada participante. O ingreso deberá facerse especificando o nome da persoa usuaria na conta bancaria ABANCA ES70 2080 0337 1131 1000 0078. O xustificante de pago deberá entregarse nas dependencias do Concello ou a través da sede electrónica na data límite do venres 22 de marzo de 2024.
Listado de admitidos/as en Lecer Semana Santa 2024
15-3-2024
O Concello do Pino abre o prazo de solicitude para participar no Lecer Semana Santa 2024, o campamento urbano destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos para favorecer a conciliación durante as vacacións escolares. As actividades desenvolveranse no pavillón municipal e exteriores do CPI Camiño de Santiago en catro sesións: os días 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril. O horario vai dende as 8.00 ás 15.00 h, podendo efectuarse a recollida das rapazas e rapaces a partir das 13.30 horas. O programa ten un custo de 10 euros, se ben hai descontos para familias monoparentais e numerosas.
O Lecer Semana Santa 2024 ofrece 50 prazas para aquelas familias do municipio con necesidades de conciliar a vida laboral e familiar. Para que o programa se leve a cabo deberá haber un número mínimo de solicitudes. De superarse a oferta existente, terán preferencia, por esta orde, os menores empadroados no Concello de O Pino, aqueles en situacións especiais (segundo o criterio técnico das profesionais dos Servizos Sociais), as familias monoparentais, os menores escolarizados nun centro educativo do concello, aqueles con titores que traballan no termo municipal e, por último, quen estea a gozar de vacacións no Pino.
As familias interesadas en participar deberán presentar o formulario de inscrición debidamente cuberto. A solicitude pode recollerse nas dependencias do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou ben descargarse nesta mesma páxina web.
O custo de Lecer Semana Santa polos catro días de actividades é de 10 euros, prezo sobre o que se aplicará un 20% de desconto para as familias monoparentais e tamén para as familias numerosas a partir do segundo menor inscrito. O pagamento efectuarase unha vez que as familias comproben que foron admitidas ao publicarse as listaxes.
Este programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e o Ministerio de Igualdad para o desenvolvemento do Plan Corresponsables.
As bases co formulario de inscrición poden consultarse nos arquivos adxuntos.