O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / 219 corredores participarán mañá sábado dende as 19.00 horas no III O Gran Camiño

219 corredores participarán mañá sábado dende as 19.00 horas no III O Gran Camiño

Novas

05-07-2019
5 Jul

Faltan escasas horas para que soe o pistoletazo de saída á terceira edición da media maratón O Gran Camiño que transcorre entre os concellos de Arzúa e O Pino. Coas inscricións xa pechadas, serán 219 valentes os que calcen as zapatillas e superen os 21.097,50 metros de carreira, unha cifra de participantes que cumpre os obxectivos dos organizadores: superar os 200 corredores.

Este terceiro O Gran Camiño trátase ademais dunha edición especial, pois será a primeira que se celebre en xornada de tarde, con saída mañá sábado ás 19.00 horas dende a Cima do Lugar en Arzúa e coa meta sita na praza de Forcarei (Pedrouzo) en O Pino. Ademais, Lolo Penas Blanco, terceiro clasificado na xeral de 2018, e Tina Fernández, que obtivo a prata o ano pasado na categoría feminina, serán dous dos grandes favoritos a obter a victoria este ano.

Os concellos de O Pino e Arzúa, organizadores do evento xunto Federación Galega de Atletismo, cualifican a dificultade da maratón como media, pois realízase sobre superficie de terra dura e a segunda parte da mesma é descendente. O percorrido é o mesmo que nas edicións anteriores, polo tanto volta a desenvolverse pola penúltima etapa do Camiño francés.

No evento tamén se contará cun servizo de transportes, mediante autobuses que sairán ás 17.15 horas dende a praza de Forcarei en O Pino cunha frecuencia de 15 minutos ata as 18.30 horas que se realizará o último traslado. Desta forma os participantes disporán dun medio de transporte ata a zona de saída da competición.

Tweet
Share16
Share
Pin
16 Shares
« O pallaso Lolo co teatro ‘Globotolo’, a escena mañá xoves ás 20.00 horas na piscina municipal
Lolo Penas e Tina Formoso cumplen cos pronósticos e gañan O Gran Camiño »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English