O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Lolo Penas e Tina Formoso cumplen cos pronósticos e gañan O Gran Camiño

News

07/07/2019
7 Jul

Os atletas arzuán Lolo Penas e a muradana Tina Fernández cumpriron onte cos pronósticos que os perfilaban como favorito do medio maratón O Gran Camiño e dominaron a proba dende que se deu a saída en Arzúa. Na meta de Arca ambos foron os primeiros na xeral masculina e feminina. Penas parou o cronómico en 1:11:50 horas tras percorrer os 21 quilómetros desta media maratón, mentres que Fernández marca un tempo de 1:28:09 (Ver clasificacións oficiais neste enlace).

Lolo Penas, que milita no Club Atletismo O Pino, dominou a carreira dende a saída en Arzúa, e xa antes de chegar ao quilómetro 7 sacáballe uns metros de vantaxe ao segundo clasificado, José Manuel Vieito Vilacoba, que rematou cun tempo de 1:12:14. Akka Essaadaoui foi terceiro con 1:14:40.

Algo similar pasou na categoría feminina. Na que Tina Fernández non deu tregua a ningunha das súas rivais, ocupando o primeiro posto dende Arzúa ata a meta de Arca. A corredora do Atletismo Sar-Vermú Petroni marcou un tempo de 1:28:09. Silvia García Lorenzo, con 1:36:24 e Sandra Fernández Yáñez, con 1:39:01 completaron o podio feminino

Entre os 220 corredores que tomaron onte a saída en Arzúa figuraba o peregrino canario Jesús Martin Vargas, que tras chegar a Arca facendo o Camiño de Santiago e ver que se ía celebrar a proba, solicitoulle a organización o poder participar e foi quen de rematar no posto 25 da xeral cun tempo de 1:24:57.

Na categoría de clubes, o primeiro posto foi para o Atletismo Sar Vermú Petroni, con 69 puntos, seguido do Club Atletismo O Pino, con 77, e o Tambre Bike & Running, con 208 puntos.

Na entrega de trofeos aos gañadores participaron o alcalde de O Pino, Manuel Taboada, xunto con concelleiros José Manuel Carreira, Eva Varela e José Fuentes; así como a concelleira de Arzúa Mª Carmen Fuentes.

Clasificacións por categorías

Absoluta masculina: Manuel Penas Blanco (1:11:50), José Manuel Vieito (1:12:14) e Akka Essaadaoui (1:14:40).

Absoluta feminina: Tina Fernández (1:28:09), Silvia García Lorenzo (1:36:24) e Sandra Fernández Yáñez (1:39:01).

Sub-23 feminino: Lucía Quintela Casal (1:56:41)

Senior masculino: Rubén Insúa , Ricardo León, Xan Collazo

Senior feminino: Yan Li Chen Lin

Master 1 masculino:  Alberto Carou Carril, José Luis González Núñez e Óscar Diéguez Pintor

Master 1 feminino: Shaila Muñiz Pérez, Cristina Carril Boo e Berit Sommerfelt

Master 2 masculino: José Miguel Gómez Sánchez, Lucas Pouso e Vidal Federico Losada

Master 2 feminino: Laura Núñez Naveira, María Carmen Penas Blanco e Yolanda Campos Rivas

Master 3 masculino: Carlos Busto Lobato, Juan Ramón Ferreiro López e José López Fernández

Master 3 feminino: Isabel Felgar López, Susana Parguiña Fernández e Araceli Veiga Bermejo.

A proba organizada polos concellos de O Pino e Arzúa, contou coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta, Coca Cola, Gonzacar e Clínica de Fisioterapia LR.

Pódense ver albums de fotos da proba no Facebook do Concello de O Pino. Nos seguintes enlaces: Saída de Arzúa, corredores ao seu paso pola parroquia de Ferreiros; chegada a liña de meta na praza de Forcarei, en Arca, e fotos dos podios e entrega de premios

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« 219 corredores participarán mañá sábado dende as 19.00 horas no III O Gran Camiño
O goberno de O Pino reduce as dedicacións a dúas e mantén os salarios da anterior lexislatura »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English