O Concello de O Pino, situado na Comarca de Arzúa, conta cunha gastronomía semellante ó resto dos concellos limítrofes, baseada en productos autóctonos como o queixo, o viño da ribeira do Ulla, mel, productos da horta e as carnes de tenreira, porco, galo e caza.
Entre estes productos destaca no Concello de O Pino o Galo e a Galiña, especialmente de raza piñeira, productos ós que se lle fai homenaxe na Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar. Cómpre destacar que a raza de Galo e Galiña Piñeira é orixinaria da Comarca de Arzúa e concretamente do Concello de O Pino, que segundo diversos estudos foi unha especie introducida polos celtas neste municipio.
Os rasgos característicos da galiña piñeira son o seu fermoso plumaxe (as súas plumas son especialmente interesantes para a fabricación de cebos para a pesca) e a súa conformación mediana, tipo atlántico. Conta cunha cresta en rosa, cabeza piramidal, orelliñas vermellas ovaladas, patas e pico de cor amarelo e ollos amarelo alaranxados. Os ovos son de cor crema claro e pesan entre 55 e 65 gramos. En canto ó peso das propias galiñas, oscilan entre os 2,2 e os 2,5 kilos. Os galos piñeiros presentan o tipo silvestre con capa dourada e zona ventral e cabos negros, cun peso que ronda entre os tres ou tres quilos e medio.