O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Como Chegar
  • Que ver
  • Que facer
    • Rutas a pé
  • Onde Comer
  • Onde Aloxarse
  • Festas
  • Gastronomía
  • Camiño de Santiago
  • Concello
You are here: Home / Camiño de Santiago

Camiño de Santiago

O Pino é o municipio galego que conta con máis quilómetros do Camiño Francés a Santiago de Compostela, concretamente dezaoito, que atravesan as parroquias de San Breixo de Ferreiros, San Miguel de Cerceda, Santa Eulalia de Arca, San Miguel de Pereira e Santa María de Castrofeito.

Comeza o percorrido pola parroquia de San Breixo, nos lugares de Calzada e Calle, e avanza ata as inmediacións do aeroporto de Lavacolla, xa no Concello de Santiago de Compostela.

Agochados entre a vexetación, áchanse detalles que fan referencia ó culto xacobeo: fitos de pedra coas súas cunchas de vieira, ou incluso pequenos altares improvisados polos peregrinos en calquera estante natural. Paso a paso o camiñante vai descubrindo panorámicas vexetais conxugadas coas construccións e terreos de labranza que se distribúen por todo este municipio.

Puntos de especial interese son: a Ermida de Santa Irene coa súa fonte e a súa carballeira, os lugares de Calzada e Rúa coa súa fonte e o Pazo de Dúas Casas, as frondosas carballeiras que nos acompañan todo o tramo, áreas de descanso e albergues (Santa Irene e O Pedrouzo) para o descanso do peregrino.

Outra das rutas de peregrinación que pasa polo concello é o Camiño do Norte, na súa variante da Mota. Está antiga vía unía o Mosteiro de Sobrado do Monxes con Compostela e confluía coa vía francesa en Lavacolla, seguía o itinerario da vía romana XIX que conectaba Lucus Augusti e Iria Flavia.

Este camiño percorre as parroquias de Santo Estevo de Medín, Santa María de Gonzar e Santa María de Castrofeito. Ao carón do camiño os peregrinos poderán visitar as igrexas parroquiais de Medín, Gonzar e Castrofeito e paraxes naturais e históricas como o lugar de Ponte Puñide sobre o río Mera.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares

Información

  • Como Chegar
  • Que ver
  • Que facer
  • Audioguías Virtuáis
  • Rutas a pé

Turismo

  • Onde Aloxarse
  • Onde Comer
  • Festas
  • Gastronomía

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Como Chegar
  • Que ver
  • Que facer
    • Rutas a pé
  • Onde Comer
  • Onde Aloxarse
  • Festas
  • Gastronomía
  • Camiño de Santiago
  • Concello
  • Galego