O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio / Novas / Entra en vigor a nova ordenanza que regula a posesión de animais perigosos

Entra en vigor a nova ordenanza que regula a posesión de animais perigosos

Novas

26-11-2021
26 Nov
  • Establece a creación dun rexistro municipal así como os requisitos para obter a necesaria licencia //

Entra en vigor a nova ordenanza de animais perigosos do Concello do Pino

O  Boletín Oficial da Provincia (BOP) recolle hoxe, venres 26 de novembro, a actualización da ordenanza municipal do Pino relativa á posesión de animais perigosos coa fin de adaptala as últimas normativas estatais e autonómicas. O novo regulamento fixa os requisitos para a concesión e renovación das licencias administrativas necesarias para a tenza deste tipo de animais, así como a creación dun rexistro municipal de animais potencialmente perigosos.

A ordenanza recolle que toda persoa que conduza ou controle, de forma habitual ou ocasional, un animal cualificado como perigoso deberá estar en posesión dunha licencia administrativa expedida ao seu nome. Esta licencia deberá solicitarse por medio dunha instancia no Rexistro do Concello. Para poder facelo, a persoa interesada terá que ser maior de idade, dispoñer dun certificado de capacidade física e aptitude psicolóxica, susbcribir un seguro de responsabilidade civil cunha cobertura mínima de 125.000 euros e contar co microchip do animal. As licencias terán unha vixencia de cinco anos.

Tamén se creará un Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos, no que se inscribirán todos aqueles que teñan a súa residencia habitual no Concello do Pino. O propietario deberá inscribilos neste rexistro nun prazo máximo de quince días dende a obtención da licencia. No caso de que xa tivera outros, o prazo se computará dende a adquisición do animal.

As obrigas de coidado e instalacións, ademais das posibles infraccións, quedan tamén contemplados na nova ordenanza e poden consultarse no arquivo adxunto.

Icono

Nova ordenanza de posesión de animais potencialmente perigosos

1 archivo(s) 128.89 KB
Descargar

 

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Concello do Pino esixe cambiar o trato e rachar coa violencia de xénero no vídeo do 25N
O Pino concederalle axudas as familias que teñan fillos coa idea de fomentar a natalidade »

Ayuntamiento

Conoce O Pino

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Español
  • Gallego
  • Inglés