O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio / Novas / O Concello do Pino esixe cambiar o trato e rachar coa violencia de xénero no vídeo do 25N

O Concello do Pino esixe cambiar o trato e rachar coa violencia de xénero no vídeo do 25N

Novas

24-11-2021
24 Nov
  • Participan nel mozas e mozos do municipio e ten como fin combater a negación e identificar diferentes tipos de violencia machista //

  • A Praza do Concello conta dende hoxe cun banco morado que avoga polo respecto para previr as agresións //

“Cambia o trato. Racha coa violencia de xénero”. Este é o mandato que o Concello do Pino lles lanza aos maltratadores nun vídeo que vén de estrear na súa canle de Youtube co gallo da conmemoración mañá, 25 N, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O audiovisual, protagonizado por mozas e mozos do municipio, busca concienciar á mocidade sobre o perigo de desprezar a existencia da violencia machista e tamén ofrecer pautas para identificar varios tipos de violencia como a psicolóxica ou a dixital.

Dirixido principalmente á xente nova, o obxectivo central do vídeo deste ano é reverter a preocupante tendencia a negar a violencia machista entre un sector da poboación. Un de cada cinco rapaces varóns, o dobre que hai catro anos, asegura que non existe a violencia de xénero, tal e como revelou a última enquisa do Centro Reina Sofía sobre Adolescencia e Mocidade. Fronte a isto, a realidade queda patente no vídeo cos titulares que reflicten os asasinatos dalgunhas das 37 mulleres asasinadas este ano en España polas súas parellas ou ex parellas.

Outro dos obxectivos do vídeo, realizado pola empresa de comunicación Alicentis, é axudar a adolescentes e mozas a identificar sinais de alarma e outros tipos de violencia como a psicolóxica ou a dixital, que moitas veces pasan desapercibidas. O control do móbil, da forma de vestir ou os menosprezos non teñen xustificación.

O rexeitamento do Concello á violencia machista quedou patente tamén este mediodía coa inauguración dun banco morado na Praza do Concello. O banco, no que se pode ler “Contra a violencia, respecta. Non esperes a que suceda”, avoga polo respecto e a prevención para previr as agresións. Pretende así mesmo visibilizar que O Pino avoga por “vivir nunha sociedade libre de mandatos e estereotipos sexistas os 365 días do ano”.

Este sábado, 27 de novembro, a área recreativa da Magdalena será punto de saída e meta da terceira andaina e da segunda carreira ‘5 km pola igualdade’. A participación está aberta a todas as persoas maiores de 10 anos (ata 12 anos deberán ir acompañados dun adulto), que deberán percorrer un circuíto de 5 quilómetros. A inscrición faise na web de Carreiras Galegas neste enlace e está aberta ata este xoves, 25 de novembro, ás 14.00 horas. A celebración das probas deportivas aproveitarase para ler un manifesto de condena á violencia de xénero.

Mozas e mozos do Pino participaron na gravación do vídeo do 25N

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Pino ten en marcha o VIII Nadal Benéfico e programa outra festa para as tardes do 11 e 12 de decembro
Entra en vigor a nova ordenanza que regula a posesión de animais perigosos »

Ayuntamiento

Conoce O Pino

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Español
  • Gallego
  • Inglés