O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Subvencións para rehabilitación de edificios e viviendas situadas nos Camiños de Santiago

News

06/03/2018
6 Mar

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publicou a convocatoria para solicitar a subvención para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas que estén situadas nas parroquias polas que pasa o Camiño de Santiago.

Beneficiarios: Comunidades de persoas propietarias, agrupacións de comunidades de persoas propietarias e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas.

Contía da subvención: O importe máximo da axuda será de 15.000 euros por vivenda, dos que 11.000 euros serán de financiamento estatal e non poderán superar máis do 35% do custo subvencionable, e 4.000 euros de axuda autonómica co límite do 10% do custo subvencionable da actuación reflectida na cualificación definitiva.

Prazo de solicitude: Ata o 31 de outubro de 2018. Só as persoas físicas poderán presentar a solicitude por vía electrónica ou en formato papel, os demais solicitantes deberán presentala electrónicamente.

Para poder solicitar a subvención, os solicitantes deberán estar en posesión da RESOLUCIÓN DE CUALIFICACIÓN DEFINITIVA concedida polo Instituto Galego de Vivenda e Solo antes do remate do prazo de solicitude.

Os/as solicitantes que non posúan a Cualificación Definitiva, para obtela primeiro deberán seguir os seguintes pasos:

1º.-Solicitar a Cualificación Provisional sempre que as obras non estean rematadas. Unha vez obtida a Cualificación Provisional o seguinte paso é,

2º.- Solicitar a Cualificación Definitiva, no prazo dun mes dende o remate das obras, e sempre antes do cumprimento do prazo máximo de execución fixado na resolución de cualificación provisional.

3º.- Solicitar a axuda, sempre que conte coa resolución de cualificación definitiva antes do 31 de outubro de 2018 (data na que remata o prazo para solicitar a axuda).

Máis información en documentos adxuntos:

Icon

Convocatoria subvención

1 file(s) 902.08 KB
Download
Icon

Impreso solicitude subvención

1 file(s) 1.03 MB
Download
Icon

ImpresoSolicitudecualifdefinitivaARICamiñosSantia

1 file(s) 864.58 KB
Download
Icon

ImpresoSolicitudecualifprovisionalARICamiños Santiago

1 file(s) 1.02 MB
Download
Icon

Obras subvencionables

1 file(s) 47.48 KB
Download
Icon

Parroquias dos Camiños de Santiago

1 file(s) 311.43 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
O alcalde entrega os premios do concurso de tapas ‘Camiñando e tapeando’ »

Search

Sede electrónica
Patrominio

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English