O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Comezan as Escolas Deportivas de O Pino, con actividades para público infantil e adulto

News

20/09/2018
20 Sep

Co comezo do curso escolar arranca tamén a programación de Escolas Deportivas Municipais de O Pino o vindeiro 1 de outubro. Nesta temporada 2018/2019, a poboación menor de 16 anos contará cun amplo abano de actividades físicas ata o 31 de maio por un prezo de 40€/ano para os veciños do municipio. Canda ás actividades para nenos e nenas comezan tamén as propostas para público adulto, que se estenderán ata o mes de xuño. O prazo de inscrición está aberto ata o luns 8 de outubro.

As actividades levaranse a cabo en catro localizacións do termo municipal: os polideportivos de Reboredo e Lameiro, o Centro Sociocultural Luís Seoane e o CPI Camiño de Santiago. Haberá obradoiros para a primeira infancia, como é o caso dos de psicomotricidade, e tamén para nenos e nenas ata os 16 anos. As actividades propostas son baloncesto, atletismo, patinaxe artística, ximnasia rítmica, fútbol sala, hóckey a patíns, baile moderno e bádminton.

No que toca á poboación adulta, poderá anotarse aos seguintes obradoiros: pilates, ioga, running, ximnasia, tenis, zumba e aerobic/step.

Prezos

Para as Escolas Deportivas Municipais o Concello estableceu un prezo único de 40€/ano para os empadroados no Pino e 60€/ano para os non empadroados. As familias gozarán dun desconto non acumulable dun 50% no caso de se anotaren varios irmáns ou en varias actividades. Para os adultos, o custe é de 55€/ano para a veciñanza e 75€/ano para quen non estea empadroado, co mesmo 50% de desconto en caso de acudir a varios obradoiros.

As solicitudes poden descargarse na sección de formularios desta web ou recollerse na Casa do Concello. As inscricións deben presentarse no Rexistro Xeral municipal. Para outras informacións cómpre dirixirse á concellería de Deportes no teléfono 981 511 002.

Tamén se poden consultar os horarios e descargar os formularios de inscrición nos documentos adxuntos.

Icon

Horarios, prezos e normas de inscrición na Programación Deportiva Municipal 2018-19

1 file(s) 423.52 KB
Download
Icon

Solicitude actividades deportivas escolares

1 file(s) 212.17 KB
Download
Icon

Solicitude actividades deportivas adultos

1 file(s) 174.94 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Os benxamíns da SD O Pino empezaron o torneo de Fútbol 7 con dúas victorias
Curso gratuíto para veciños de O Pino de plataforma elevadora móbil de persoas »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English