O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Carla Gómez, Martina Otero, Agustín Orechia e Rita Duro gañan no Pino o concurso “Falando de mulleres”

News

08/03/2018
8 Mar

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, e o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, inauguraron esta mañá a exposición cos traballos de redacción que enviou o alumnado do CPI Camiño de Santiago para participar no concurso “Falando de Mulleres” que organiza o Concello. Ao mesmo tempo, entregáronlles os premios ás gañadoras e gañador nas catro categorías establecidas.

Carla Gómez Seijas gañou na categoría de Infantil, levando como premio un lote de xoguetes educativos e contos coeducativos. No primeiro ciclo de infantil a gañadora foi Martina Otero García, que recibiu unha tablet; mentres que no segundo ciclo (4º, 5º e 6º de Primaria) gañou Agustín Orechia, quen recolleu unha cámara instantánea de mans do alcalde. A cámara instantánea para a gañadora na categoría de ESO foi para Rita Duro Asorey.

O alumnado tivo que escribirlle unha carta a unha muller que, segundo os criterios dos participantes, consideren relevante. Con todas as cartas recibidas, montouse unha exposición na entrada do centro sociocultural Luis Seoane, de Arca, que se poderá visitar ata o vindeiro venres, día 16 de marzo.

Podes ver o album de fotos do acto no no Facebook do Concello.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O alcalde entrega os premios do concurso de tapas ‘Camiñando e tapeando’
Aberto o prazo de inscrición para a Escola de Verán 2018 »

Search

Sede electrónica
Patrominio

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English