O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Ábrese a inscrición en ximnasia por parroquias e nas actividades deportivas municipais para escolares e adultos

News

12/09/2022
12 Set

As clases comezan luns 3 de outubro || 

Os rapaces poden elixir entre patinaxe, ximnasia rítmica, baile moderno, bádminton, psicomotricidade, multideporte e fútbol sala || 

Zumba, GAP e forza, pilates, tenis e ioga comprenden a oferta para maiores de 16 anos ||

Unha das exhibicións do acto de clausura do curso 21/22 das escolas deportivas municipais do Pino

O Concello de O Pino abre hoxe o prazo de inscrición nas actividades deportivas municipais para escolares e adultos que se desenvolverán ao longo do curso nos polideportivos de Reboredo (centro escolar) e Lameiro e máis no centro sociocultural Luis Seoane. Tamén poden formalizar a inscrición as persoas interesadas en participar no programa de ximnasia por parroquias dos locais sociais de Pastor, Castrofeito, Lardeiros, Gonzar, Ferreiros e Budiño. As clases comezarán o vindeiro luns 3 de outubro e a matrícula pode formalizarse ata o día 11.

Este ano, o Concello vai ofertar multideporte, baile moderno e psicomotricidade de 15.30 a 16.30 horas (excepto os martes) para facilitar a conciliación ás familias con menores escolarizados no CPI Camiño de Santiago, segundo adiantou o alcalde, Manuel Taboada. Deste xeito as familias que non poidan recoller aos menores as 15.30 horas (momento no que rematan as clases) e teñan que agardar polos autobuses do transporte escolar que saen ás 16.30, poden apuntar aos seus fillos e fillas a estas actividades, que se van desenvolver na sala de usos múltiples do centro escolar e no polideportivo de Reboredo, a carón do colexio.

Aínda que estas actividades que se desenvolven de 15.30 a 16.30 horas están financiadas polo Concello, as familias deben inscribir aos menores a través da ANPA do CPI Camiño de Santiago, ao tempo que se anotan nas actividades que organiza a propia Asociación de Nais e Pais. Para o resto de actividades deportivas municipais poden cubrir os formularios que figuran adxuntos nesta nova.

As escolas deportivas municipais funcionarán entre outubro e maio en sete disciplinas: patinaxe artística (cinco niveis), ximnasia rítmica, psicomotrocidade, baile moderno, bádminton, multideporte e fútbol sala. A maioría das clases terán horario de tarde de luns a venres. Só ximnasia rítmica ten programada unha hora os sábados pola mañá, de 10.00 a 11.00, en Lameiro.

O prezo será de 40€ anuais por actividade para menores empadroados e de 60€ para non empadroados. O segundo e sucesivos irmáns así como a realización de máis dunha actividade contarán cunha bonificación do 50%.

As actividades deportivas para adultos, dirixidas a persoas maiores de 16 anos, prolongaranse ata o 30 de xuño. Poderán escoller entre zumba; glúteos, abdominais, pernas e circuítos de forza; pilates; tenis ou ioga. Estas actividades desenvolveranse no polideportivo de Lameiro, salvo ioga, que se imparte no centro sociocultural Luis Seoane. O prezo será de 55€ anuais por actividade para empadroados e de 75 para non empadroados. Pola segunda actividade e sucesivas pagarase a metade.

Por último, ximnasia por parroquias terá un prezo de 45€ ao ano para persoas empadroadas e de 90€ para non empadroadas. As clases rematarán en xuño.

Para inscribirse nas actividades deportivas é necesario cubrir o formulario de solicitude e presentalo no Rexistro Xeral do Concello ou por sede electrónica. Deberá acompañarse do xustificante de ingreso da cota correspondente a cada actividade e do certificado de empadroamento, no caso de contar con bonificación por este motivo. A solicitude pode descargarse na web municipal ou solicitarse na sede do Concello de luns a venres entre as 9.30 e as 14.00 horas.

De precisar máis información, as persoas interesadas poden contactar co departamento municipal de Deportes no correo deportes@opino.gal ou no número de teléfono 981 511 002.

A posta en marcha das actividades está supeditada á existencia dun mínimo de 8 participantes.

Icon

Horarios das Escolas Deportivas Municipais. Curso 2022/23

1 file(s) 338.06 KB
Download
Icon

Inscrición escolares. Escolas Deportivas Municipais. Curso 2022/23

1 file(s) 518.04 KB
Download
Icon

Inscrición adultos. Escolas Deportivas Municipais. Curso 2022/23

1 file(s) 434.10 KB
Download
Icon

Documento de pago Escolas Deportivas 2022-23

1 file(s) 151.93 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Rueda asiste no Pino á apertura do primeiro curso escolar gratuíto na educación infantil
O Pino celebra este sábado na Magdalena a primeira festa da familia con xogos e espectáculos »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English