O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

A Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar do Concello do Pino alcanza a súa vixésimo segunda edición

News

01/08/2023
1 Ago

O programa das festas que se celebran esta fin de semana recolle unha feira de artesanía, obradoiros, actividades infantís, degustación de galo e o tradicional xantar popular ||
A noite do sábado acolle os espectáculos ‘Unha noite de foliada’ cos Druidas e a Banda de música de Arca e ‘Suaren Bataila’ da compañía Hípica Celta ||

Unha imaxe da Festa do Galo Piñeiro de 2022

O delegado da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, foi o encargado de ler o pregón durante a XXI Festa do Galo Piñeiro.

Como cada primeira fin de semana de agosto, o Concello do Pino celebra este sábado día 5 e o domingo día 6 a Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, unha cita declarada Festa de Interese Turístico de Galicia que alcanza xa a súa vixésimo segunda edición.

Xunto aos tradicionais certames de galo piñeiro e de cabalos, a feira inclúe obradoiros, actividades infantís, degustación de galo, o tradicional xantar popular e sobre todo moita troula e moita música. Ademais, este ano tamén se levará a cabo a feira de “Artesanía no Camiño” co obxectivo de amosar o labor de todas as persoas que traballan en prol da conservación das tradicións e da cultura da contorna.

A Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar abrirase o sábado coa actuación Unha noite de foliada cos Druidas e a Banda de Música de Arca ás 20.00 horas na praza de Forcarei. Ás 22.30 horas, a praza do Concello acolle Suaren Bataila, un espectáculo da compañía Hípica Celta que mestura técnicas de lume, interpretación, danza e acrobacias.

Xa o domingo 6 de agosto, tralo anuncio do comezo da festas coas bombas de palenque, abriranse a Mostra Cabalar (9.00 horas) e a XXII Feira de Galos e Galiñas de Raza Piñeira (10.00 horas).

A partir das 11.00 horas sucederanse as propostas para a veciñanza e os visitantes coa actuación da charanga NBA e a apertura da feira Artesanía no Camiño que inclúe talleres demostrativos de bolillos, bordado ao aire, coiro, actividades participativas para toda a familia, xogos e animación de rúa a cargo de Fantoches Baj (13.00 horas), O Mago Teto (1.º pase ás 17.00 horas e o 2.º ás 19.00 h.) e o grupo teatral Ó Cubo (18.00 horas).

Ao tempo que comeza a sesión vermú con José Manuel (os Trovadores) de EME MUSIC chegará a degustación gratuíta de galo piñeiro (13.00 horas) e o pregón, que este ano correrá a cargo da deputada autonómica e secretaria xeral do PPdeG Paula Prado del Río.

A entrega de premios aos gañadores dos diferentes apartados dos mellores exemplares de galos e galiñas servirá así mesmo para dar paso ao xantar popular (15.00 horas) baixo a carpa situada na praza de Forcarei.

Xa pola tarde, ás 17.30 horas, reabrirase a Mostra Cabalar e entregarase o premio especial Faísca ao mellor produto P.R.E. (Pura Raza Española) nado e criado en Galicia.

As probas de doma vaquera e de arrastre serán outros dos grandes atractivos deste domingo no Pino a partir das 19.00 horas, xunto á concesión de galardóns aos gañadores da Mostras Cabalar deste ano 2023.

A festa concluirá a partir das 21.30 horas co espectáculo ecuestre nocturno con luz e son a cargo de Paco Martos “Horse Show”

Galardóns aos mellores exemplares

Como é tradición xa, a XXII Feira de Galos e Galiñas de Raza Piñeira do Pino repartirá premios para os tres mellores galos, as tres mellores galiñas, os dous mellores galos de curral e o mellor animal da exposición.

As inscricións para participar faranse o domingo a partir das 9.30 horas na propia feira, na praza de Forcarei. A entrega de galardóns está programada para as 14.30 horas.

Consulta todo o programa no documento adxunto.

Icon

Programa da XXII Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar

1 file(s) 7.80 MB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino crea a Comisión Especial de Urbanismo e aproba dúas dedicacións exclusivas e unha parcial para o goberno local
Éxito de público na Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar do Pino con premios para Víctor Reboredo e para a eguada O Piorno »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English