30 de xuño de 2021
Faise pública a listaxe de persoas admitidas na Escola de Verán 2021 do Concello de O Pino, que participaron no segundo prazo de presentación de solicitudes.
Todas as persoas que solicitaron praza nesta segunda quenda foron admitidas ao cumprir cos requisitos da convocatoria.
A Escola de Verán de O Pino comeza mañá, 1 de xullo, unha nova quenda.
O listado de persoas admitidas pódese consultar no documento adxunto.
Listaxe de admitidos tras o novo prazo de solicitudes para a Escola de Verán 2021
22 de xuño de 2021
O Concello de O Pino abre un novo prazo e inscrición de 4 días hábiles, e que remata o luns, día 28 de xuño, para cubrir 27 prazas vacantes na Escola de Verán. As familias interesadas en participar nesta actividade de conciliación teñen catro días hábiles para presentar no rexistro do concello, ou por sede electrónica, a instancia, ficha de inscrición e xustificante de pagamento.
Na Escola de Verán poden participar menores de 3 a 12 anos e desenvolverase ata o 7 de setembro nas instalacións do pavillón municipal e os exteriores do colexio Camiño de Santiago (Arca).
Neste novo prazo as familias só poden solicitar prazas para as quendas que se van desenvolver nos meses de xullo, agosto e setembro.
O Concello decidiu dar catro días hábiles neste novo prazo para cubrir as 27 prazas vacantes existentes.
As condicións de matriculación son as mesmas que xa están publicadas na web do Concello. Aquelas familias que se inscriban neste novo prazo e queden sen praza, o Concello devolveralles o importe aboado.
O prezo será de 20 euros a quincena en xullo e agosto. A quenda de setembro terá un custo de 10 euros. As familias numerosas terán un desconto dun 20% a partir do segundo fillo, presentando o título de familia numerosa.
A diferencia coa vez anterior, neste novo prazo as cotas pagaranse no momento de facer a inscrición e deberase adxuntar xustificante de pagamento ao presentar a documentación. A conta na que se fará o ingreso é a seguinte: Abanca. ES70 2080 0337 1131 10000078
A instancia e o formulario de inscrición pódense descargar ao final desta nova.
15 de xuño de 2021
Faixe pública a resolución da alcaldía coa lista de de persoas admitidas para participar na Escola de Verán 2021 do Concello de O Pino, así como o importe da taxa correspondente.
Para confirmar a reserva de praza, as persoas admitidas deberán abonar antes do 18 de xuño a taxa correspondente na conta bancaria que figura na resolución, e remitir o xustificante do pagamento por sede electrónica ou entregalo no rexistro do Concello.
Listado de persoas admitidas na Escola de Verán O Pino 2021
31 de maio de 2021
Escola de Verán é o programa de conciliación que o Concello do Pino lles ofrece ás familias do municipio durante as vacacións escolares. As actividades, abertas a menores de entre 3 e 12 anos, desenvolveranse entre o 23 de xuño e o 7 de setembro nas instalacións do pavillón municipal e os exteriores do colexio Camiño de Santiago (Arca).
Haberá un total de seis quendas: do 23 ao 30 de xuño, do 1 ao 15 de xullo, do 16 ao 31 de xullo, do 1 ao 15 de agosto, do 16 ao 31 de agosto, e do 1 ao 7 de setembro. A Escola de Verán abrirá de luns a venres polas mañás, entre as 8.30 e as 14:30 horas. O horario de recollida do alumnado farase entre as 13:30 e as 14:30 horas.
As prazas van ser de 50 por quenda, quedando supeditada á celebración do campamento de conciliación a que haxa un número mínimo de participantes. No caso de que as solicitudes superen a dispoñibilidade de prazas, primaranse os seguintes criterios: empadroamento; recomendación dos Servizos Sociais; familias monoparentais; menores escolarizados no Concello do Pino; que o pai, nai ou titor/a traballe no termo municipal e participantes que estean gozando das súas vacacións no Pino.
De presentarse solicitudes para varios irmáns na mesma quenda, a admisión dun deles suporá a do resto. Mentres, aqueles pequenos que queden sen praza pasarán a formar parte dunha listaxe de agarda.
O prezo será de 20 euros a quincena en xullo e agosto. As quendas de xuño e setembro terán un custo de 10 euros. As familias numerosas terán un desconto dun 20% a partir do segundo fillo, presentando o título de familia numerosa. As cotas pagaranse unha vez que se saiba que o participante conta con praza logo da publicación das listaxes de admitidos. Nesta lista figurará a cantidade a ingresar, xunto ás datas de asistencia. A conta na que se fará o ingreso é a seguinte:
Abanca. ES70 2080 0337 1131 10000078
As inscricións poderán realizarse ata o 11 de xuño. Para iso, haberá que cubrir a ficha de inscrición que se pode descargar no arquivo adxunto. Unha vez cumprimentada, presentarase na sede electrónica para o seu rexistro.
A outra opción é presencial, con recollida do formulario e entrega nas dependencias do Concello entre as 9:00 e as14:00 horas. Para as persoas que opten por esta modalidade, adxúntase a instancia que hai que cubrir para levala ao Concello xunto ao resto da documentación. É importante que a imprimades e a cubrades na casa para evitar que se xunte xente ou que teña que pasar moito tempo nas dependencias municipais.