O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

Abre a inscrición para a terceira edición de O Pino Aventura, que será o 11 de maio en Ferreiros

Noticias

23/04/2024
23 Abr

Poden participar adultos e rapazada a partir de 8 anos en equipos de 2 a 5 membros // A proposta fomenta o xogo en equipo, o exercicio, a agudeza mental e o coñecemento do territorio // Está organizada polo Concello do Pino en colaboración con Mundo Comanche, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña // A data límite para anotarse é o venres 10 de maio ás 12:00h //

Cartel O Pino Aventura 2024

 

O Concello do Pino abriu o prazo de inscrición para a terceira edición de O Pino Aventura, unha actividade destinada a fomentar o espírito de equipo, o exercicio físico e o coñecemento do territorio. Esta proposta, deseñada para adultos e rapazada a partir de 8 anos, está organizada polo Concello en colaboración con Territorio Comanche, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

O evento terá lugar o sábado 11 de maio, cunha saída prevista ás 10:30h desde a igrexa de San Verísimo de Ferreiros. Os participantes, organizados en grupos de entre 2 e 5 persoas, deberán orientarse cun mapa e ir superando diversas probas físicas e de coñecemento para conseguir o máximo número de puntos posibles, nun xogo de estratexia no que o traballo en equipo é fundamental para acadar o éxito.

O Pino Aventura contempla dúas categorías: Pequen@s Piñeir@s, reservada para os grupos nos que haxa, polo menos, un menor de 12 anos; e Explorador@s Piñeir@s para os equipos nos que todos os seus membros sexan maiores desa idade.

Para formalizar a inscrición, as persoas interesadas deberán facelo antes do venres 10 de maio ás 12:00h, contactando co número de teléfono 981 51 10 65 ou enviando un correo electrónico a cultura@opino.gal. Ademais, a ficha de inscrición está dispoñible para descarga nesta ligazón.

Alén diso, é importante lembrar que cada equipo deberá proporcionar os seguintes datos: nome do equipo, teléfono de contacto e nome completo con data de nacemento de cada integrante. No caso de menores de idade, será necesaria unha autorización do pai, nai ou titor/a.

Icono

Folla de inscrición en O Pino Aventura 2024

1 archivo(s) 520.56 KB
Descargar
Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« A Xunta e o Concello do Pino unen forzas para mellorar a accesibilidade na contorna da capela da Magdalena
O alcalde e a conselleira visitan a depuradora de Arca, que estará rematada antes do verán »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés