O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

O alcalde e a conselleira visitan a depuradora de Arca, que estará rematada antes do verán

Noticias

07/05/2024
7 Mai

A Xunta fixo un investimento de 2 millóns de euros para mellorar a rede de saneamento e depuración dos núcleos do Pedrouzo, A Igrexa, Vilaboa, A Rúa e Santo Antón  ||  

Manuel Taboada: “A nova EDAR solucionará un grave problema que tiñamos en Arca e axudaranos a coidar o medio ambiente”  ||  

O Concello asumirá o mantemento da nova instalación “cun incremento considerablemente no gasto do servizo”  ||  

Ángeles Vázquez salienta que este proxecto se enmarca na estratexia da Xunta de mellora continua das redes de abastecemento, saneamento e depuración existentes na comunidade, para as que este ano mobiliza preto de 110 M€  ||  

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, e a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitaron esta mañá as instalacións da nova depuradora de Arca, que estará rematada antes do verán e na que a Xunta fixo un investimento de 2 millóns de euros. A nova EDAR beneficiará aos núcleos do Pedrouzo, A Igrexa, Vilaboa, A Rúa e Santo Antón, “e solucionará un grave problema de depuración que tiñamos en Arca, polo que nos axudará a coidar o medio natural e a calidade das augas dos nosos ríos”, indicou Manuel Taboada.

“O motivo da visita é ver como avanzan unhas obras moi demandadas pola veciñanza e, sobre todo, polo alcalde, que leva moito anos reclamando, e que son fundamentais para manter esta Galicia verde da que tanto presumimos”, dixo a conselleira. A depuradora “está adaptada dás necesidades dun concello que ten moitos peregrinos ao longo de todo o ano”, engadiu.

Ángeles Vázquez, que estivo acompañada polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández, explicou que a obra consiste na dotación dunha estación de bombeo de augas residuais (EBAR), o acondicionamento de 1.230 metros dun colector existente na marxe do rego do Burgo, unha estación depuradora de augas residuais (EDAR) e a instalación de 640 metros de novas conducións para conectar coa nova depuradora.

A nova EDAR de Arca dará servizo a arredor de 1.200 veciños, pero terá capacidade para atender a unha poboación equivalente de máis de 3.000 habitantes, o que supón que estea preparada para afrontar posibles incrementos futuros da poboación na parroquia. “Con esta obra poderemos atender de xeito adecuado a grande afluencia de peregrinos que temos todos os anos, sobre todo no verán”, explicou Manuel Taboada

As novas instalacións, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e executadas por Augas de Galicia, comezarán a dar servizo aos veciños este verán e, tralo correspondente período de proba para comprobar o seu correcto funcionamento, serán entregadas no último trimestre do ano ao Concello do Pino para a súa xestión.

O Concello deberá asumir os costes de funcionamento e mantemento das novas instalacións, “o que vai incrementar considerablemente o gastos que deberemos afrontar co orzamento municipal para manter este servizo”, sinalou o alcalde.

Mellora da rede de toda Galicia

Ángeles Vázquez salientou que esta actuación se enmarca na estratexia da Xunta de mellora continua das redes de abastecemento, saneamento e depuración existentes na comunidade co obxectivo de mellorar a calidade das augas galegas no seu conxunto.

De feito, engadiu a conselleira, este compromiso reflíctese nos orzamentos do Executivo galego para este ano, no que mobilizará un total de 85 millóns de euros en distintas actuacións de saneamento e depuración de augas –incluíndo a explotación de 27 depuradoras cuxa xestión foi cedida á Xunta polos concellos– e 23 millóns de euros na mellora dos sistemas de abastecemento municipais.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« Abre a inscrición para a terceira edición de O Pino Aventura, que será o 11 de maio en Ferreiros
O alcalde asina as subvencións nominativas con cinco entidades do Pino por 31.500 euros »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés