O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio / Novas / Xunta e Concello estudan a humanización das rúas Forcarei e Dos Mollados cun investimento próximo ao medio millón de euros

Xunta e Concello estudan a humanización das rúas Forcarei e Dos Mollados cun investimento próximo ao medio millón de euros

Novas

03-01-2023
3 Ene

A conselleira Ángeles Vázquez recibiu ao alcalde, Manuel Taboada, e trasladoulle que a actuación poderíase levar a cabo ao abeiro do plan Hurbe  // 

O proxecto propón a mellora de beirarrúas e carrís, soterramento de liñas, aparcadoiros e reposición do saneamento, entre outras actuación  // 

Alcalde de O Pino e conselleira de Medio Ambiente analizan a humanización de das roas no casco urbano do Pedrouzo

A Xunta de Galicia e o Concello do Pino estudan a humanización das rúas Forcarei e Dos Mollaos, no núcleo urbano do Pedrouzo, segundo dixo a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, logo de reunirse co alcalde Manuel Taboada.

Na reunión, celebrada onte na sede da Consellería, Angeles Vázquez coñeceu o proxecto municipal que prevé a mellora das beirarrúas e dos carrís, ademais da dotación de zonas de aparcamento e a reposición da rede de saneamento. A maiores, tamén propón o soterrado das liñas de electricidade e telecomunicacións así como o repintado da sinalización horizontal e a instalación das sinais verticais necesarias.

Dado que a rúa Dos Mollaos presenta un elevado tránsito de peregrinos do Camiño de Santiago, a proposta municipal inclúe o deseño dun carril bici para mellorar a seguridade viaria de peóns, ciclistas e condutores.

Ángeles Vázquez trasladoulle ao rexedor a posibilidade de que esta actuación, cuxo orzamento inicial estimado supera os 480.000 euros, se leve a cabo ao abeiro do coñecido como plan Hurbe, un programa que foi impulsado pola Xunta no ano 2010 para apoiar ás administracións locais na execución de proxectos urbanísticos que contribúan a dinamizar as vilas galegas e a mellorar a calidade de vida da veciñanza, a través da mellora ou da construción de equipamentos e servizos públicos. 

Segundo informa a Xunta, dende a súa posta en marcha, o plan Hurbe permitiu mobilizar xa ao redor de 163 millóns de euros, destinados a financiar máis de 400 intervencións urbanísticas en decenas de concellos galegos. E, durante este ano, o Goberno galego seguirá apoiando ás entidades locais na execución deste tipo de obras e intervencións urbanísticas cun orzamento de 8,6 millóns de euros, un 23 % máis que o reservado a tal fin en 2022.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« Os Reis Magos visitarán O Pino e percorrerán as parroquias ao longo do xoves, 5 de xaneiro
Os Reis Magos empezaron en Pereira o seu percorrido polas parroquias de O Pino »

Ayuntamiento

Conoce O Pino

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Español
  • Gallego
  • Inglés