O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

O Pino destina 224.000 euros do POS+ a obras de mellora de pistas en cinco parroquias

Noticias

08/02/2024
8 Feb

O Concello reserva outros 289.000 euros para gasto corrente // O Pleno aproba destinar 82.781€ para gasto social extraordinario // O plan complementario inclúe melloras viarias en Arca, Lardeiros e Cerceda por outros 467.000 euros

O Pleno da Corporación do Pino aprobou esta mañá destinar para gasto corrente 289.736 euros dos 514.429 que lle corresponden do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal, o Plan único de Concellos POS+ 2024. Os outros 224.693 euros resérvanse para facer obras en cinco parroquias do municipio. Na sesión de hoxe tamén se aprobou o plan complementario, que inclúe melloras viarias en Arca, Lardeiros e Cerceda por 467.000 euros, e o POS+ adicional para gastos sociais extraordinarios, que estará dotado este ano con 82.781 euros.

Cos votos a favor do equipo de goberno (PP) e do BNG e a abstención do PSdeG, o pleno aprobou destinar 224.693 euros do POS+ 2024 a tres proxectos de obras que se van facer en Budiño, Gonzar, Cerceda, San Breixo e Arca. Para completar estas actuacións, o  Concello destinará tamén ás mesmas un total de 36.500 euros de fondos propios.

O proxecto con maior orzamento (104.477 euros) inclúe melloras nas pistas de Cezar a Cruceiro e de Quintáns ata a estrada xeral, en Budiño. Tamén se acometerán traballos na pista do Vilar ata Bugalleira, dende aquí ata os Castriños e a de Amarella ata Agra de Piñeiro, en Gonzar. En Cerceda vanse arranxar os accesos a Ras e varias pistas en Raviña.

No que se refire ao proxecto de San Breixo de Ferreiros, levaranse a cabo actuacións en Aldea de Abaixo, O Picoto, Igrexa, Outeiro, A Torre, Quintáns, A Ponte, Salceda e Lengüelle mellorando diferentes pistas cun orzamento de 98.849 euros.

Por último, o terceiro proxecto do POS+ inclúe a renovación do pavimento peonil na rúa Codesal, en Arca, por un importe de 57.866 euros.

Manuel Taboada explicou no pleno que hai outros catro proxectos de obras dentro do plan complementario por un orzamento conxunto de 467.993 euros e que se van executar en Arca, Lardeiros, Medín e Cerceda. Trátase da mellora de seguridade viaria nas rúas Codesal, Casilla e Fontenla (Arca), cun orzamento de 165.427 euros; a renovación do pavimento peonil na rúa Nova, en Arca (96.137 euros); a pista de acceso dende O Marquiño (Lardeiros) ata o límite co municipio de Arzúa (Medín), por 93.789 euros, e a pista dende Vilarmeao ata o enlace coa autovía, en Cerceda, cun orzamento de 112.637 euros.

Ademais, durante a sesión aprobouse o POS+ adicional para o financiamento de gastos sociais extraordinarios neste exercicio por un importe total de 82.781 euros. A proposta foi aprobada por unanimidade.

Desta partida de gastos sociais extraordinarios, o Concello do Pino destinará 32.696 euros para o reforzo e ampliación de persoal técnico no departamento de Servizos Sociais e 50.085 euros a ampliar o servizo de axuda a domicilio.

 

 

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O XXIV Concurso de Disfraces do Pino repartirá 2.300 € en premios o domingo 11 de febreiro
As temáticas festivas impóñense no animado concurso de Entroido do Pino »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés