O Pino

+34 981 511 002correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home /Novas / Xa se poden reservar entradas para asistir ao espectáculo familiar Saaabor! o sábado 27 de febreiro

Xa se poden reservar entradas para asistir ao espectáculo familiar Saaabor! o sábado 27 de febreiro

Novas

19-02-2021
19Feb
  • As prazas cubriranse por rigoroso orde de inscrición

  • Trátase dunha proposta que mestura gastronomía con música, maxia, humor e ritmo

Saaabor!, espectáculo para público familiar no Pino o 27 de febreiro

Saaabor!, espectáculo gastronómico para público familiar, chega ao centro sociocultural Luis Seoane do Pino o vindeiro sábado 27 de febreiro ás seis da tarde. As entradas son gratuítas pero deben reservarse por causa das restricións de aforo impostas para frear o avance da pandemia.

Saaabor! é unha proposta de Culturaactiva para persoas de todas as idades que emprega como fío condutor o mundo da gastronomía para mesturar música, maxia, humor e ritmo e animar á participación do público.

Félix Rodríguez e Fran Rei dan vida a dous recoñecidos chefs que ofrecen platos para todos os gustos elaborando un saboroso menú para toda a familia, no que presentan tanto comidas máis prácticas e sinxelas como outras máis elaboradas en o que non faltan tampouco o viño e a sobremesa.

Para acceder ao auditorio será necesario reservar entrada, dende hoxe mesmo, chamando ao teléfono 981 511 065 (de 10.00 a 14.00 horas de lunes a venres) ou manando un correo ao enderezo electrónico cultura@opino.gal.

As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición. Entregaranse un máximo de catro entradas por cada reserva previa, tendo en conta que as persoas que soliciten máis dunha entrada deberán ser conviventes.

O día do concerto, as persoas con reserva deberán presentarse no centro sociocultural cun mínimo de quince minutos de antelación (antes das 17.45 horas). De non facelo, esas prazas quedarán a disposición de persoas que non dispoñen de reserva e iranse ocupando por orde de chegada.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino destina 90.000 euros a unha segunda liña de axudas para hostalaría e restauración
A Xunta e o Concello do Pino colaboran na renovación do parque infantil do Souto en Arca »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

Política de cookies
A nosa web utiliza cookies propias e de terceiros para fins estritamente funcionais, permitindo a navegación na web, así como para fins analíticos, para optimizar a web. Para administrar ou deshabilitar estas cookies faga click en Configuración de Cookies. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies. Pulse o botón Aceptar Cookies para confirmar que leu e aceptou a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos mostrarlle esta mensaxe, excepto no caso de que borre as cookies do seu dispositivo.
Configurar / RexeitarAcepto
Política de cookies

Política de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para millorar a sua experiencia mentres navega polo sitio web. De estas cookies, as que categorízanse como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son imprescindibles para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender cómo utiliza o sitio web. Estas cookies amacenaránse no seu navegador so co seu consentimento. Vostede tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Nembargantes, o feito de optar por non utilizar algunhas destas cookies pode ter un efecto na sua experiencia de navegación.
Necesarias
Always Enabled

As cookies necesarias son absolutamente imprescindibles para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría so inclue cookies que garantizan as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.

Non-necesarias

Calquera cookie que non sexa particularmente necesaria para o funcionamento do sitio web e que se utilice específicamente para recopilar datos persoais do usuario a través da análise, anuncios ou otros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de utilizar estas cookies no seu sitio web.

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés