O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Voluntarios da Cruz Vermella atenderon a máis de 1.200 peregrinos co programa ‘Contigo no Camiño’

Voluntarios da Cruz Vermella atenderon a máis de 1.200 peregrinos co programa ‘Contigo no Camiño’

Novas

30-09-2021
30 Set

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou no Pino nun percorrido desde Arca ata O Amenal para conmemorar esta experiencia piloto ||

A iniciativa levouse a cabo no Camiño Francés entre agosto e setembro e coa previsión de estender o programa a máis rutas xacobeas en 2022 ||

Patrullas de socorristas percorreron a ruta en bicicleta para prestar asistencia, xunto con postos fixos e un vehículo itinerante de apoio ||

O equipo de voluntarios da Cruz Vermella atendeu a un total de 1.200 peregrinos durante os meses de xullo e agosto a través do programa ‘Contigo no Camiño’, desenvolvido grazas á colaboración entre a entidade social coa Xunta de Galicia e coa aseguradora Mapfre para dar resposta a situacións de emerxencia no Camiño de Santiago. O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou este mércores xunto á presidenta autonómica de Cruz Vermella, Carmen Colmeiro, e ao alcalde do Pino, Manuel Taboada, nun acto no que fixeron balance do programa ao seu peche, ao tempo que percorreron un tramo do Camiño entre Arca e O Amenal.

Así, ao longo de agosto e setembro atendeuse a 1.200 peregrinos, tanto con asistencia de primeiros auxilios como información sobre rutas, albergues e situación e horarios doutras instalacións. Nestes dous meses, patrullas móbiles e socorristas percorreron en bicicleta case 5.000 quilómetros do Camiño Francés para prestar polas mañás acompañamento, asistencia e asesoramento aos camiñantes, mentres que polas tardes recibían a mesma atención desde os puntos fixos de asistencia instalados no Pino, en Portomarín e no Monte do Gozo. En total, este servizo supuxo máis de 450 horas de actividade por parte do operativo integrado por 5 socorristas e 1 coordinadora. O dispositivo completouse cun vehículo de apoio itinerante.

Coa experiencia piloto deste programa no Camiño Francés, a Xunta reforzou a seguridade e, por tanto, a mensaxe de que facer o Camiño neste Xacobeo 21-22 é seguro. Unha vez avaliados os resultados desta primeira proba a previsión é estender a iniciativa en 2022 a máis extensión do Camiño Francés ou mesmo a outras rutas tendo en conta a reactivación do Camiño tamén a nivel internacional.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino retira os fondos do Banco Sabadell en resposta ao peche da oficina de Arca
O Pino inicia a redacción do Plan de acción para o clima e a enerxía sostible »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego