O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Veciños de Gonzar coñecerán o martes o trazado das pistas da concentración de monte

Veciños de Gonzar coñecerán o martes o trazado das pistas da concentración de monte

Novas

12-11-2019
12 Nov

Os veciños da parroquia de Gonzar que teñen fincas de monte están convocados a unha reunión o vindeiro martes, 19 de novembro, na casa de cultura de Arca a partir das 12.00 horas, para coñecer o trazado que terán os novos camiños da concentración parcelaria de monte da parroquia. A xefa territorial da Consellería de Medio Rural, Mónica López, a xefa de servicio e o técnico da concentración explicáronlles hoxe os planos ao alcalde e aos representantes veciñais que forman a comisión xestora.

As obras para facer as pistas da concentración de monte de Gonzar poderían comezar o vindeiro mes de marzo. Antes haberá dous períodos de exposición pública, para que os propietarios poidan coñecer todos os detalles. Na reunión do vindeiro martes, a Consellería de Medio Rural ensinaralle as trazas dos camiños forestais á veciñanza (o lugar polo que se irán as pistas da parcelaria). Despois abrirase un período de exposición pública de 1 mes para presentar suxestións e posibles alegacións.

Con estas suxestións, os técnicos elaborarán o proxecto completo da parcelaria, que se volverá a expor ao público durante outro mes. Na parcelaria de Gonzar abriranse 32 quilómetros de pistas, con 4 metros de ancho de plataforma e máis as beiravías.

Despois dos períodos de exposición públicas marcaranse sobre o terreo os puntos polo que irán estas pistas, ata liberar un total de 10 metros de ancho, e daráselles un tempo aos actuais propietarios para que corten e vendan a madeira antes de que empecen as obras para construír estas pistas. A previsión é que no mes de marzo poidan xa comezar a traballar ás máquinas.

A concentración parcelaria do monte de Gonzar supón unha inversión de preto de 1,8 millóns de euros, e vai supor abrir 9 km de pistas novas, e outros 23 km que se executarán sobre camiños actuais, para un total de 32 quilómetros de pistas forestais. A apertura de pistas é a parte máis custosa da parcelaria, indicaron os técnicos.

Na reunión de hoxe tanto os veciños membros da comisión xestora da parcelaria como o alcalde xa lle pediron aos técnicos que contemplen facer ‘abanicos’ nos cruces das pistas, ampliar a zona de rodadura para facilitar o tránsito, o viraxe e as manobras tanto da maquinaria agrícola como de vehículos pesados.

Actualizar títulos de propiedade

Outro dos temas que pediron hoxe os representantes da Consellería de Medio Rural é que aqueles veciños que compraran leiras ou herdaran propiedades na parroquia de Gonzar actualicen a información e a remitan a Delegación Territorial (poden facelo a través do Concello de O Pino) para ter en conta aos propietarios actuais no momento de facer a distribución e asignación das novas parcelas.

As bases da concentración parcelaria de monte de Gonzar son do ano 2008, polo que os técnicos consideran que houbo moitos cambios de propiedades dos terreos. “Se aportan agora a documentación, o proceso é moito máis fácil e non se retrasa nada”, indicaron na reunión.

Todos estes temas, ademais dos trazados das pistas da concentración, poderán coñecelos os veciños de Gonzar o vindeiro martes na reunión que se celebrará na casa de cultura de Arca. Despois, deixarase unha copia dos planos no local parroquial de Gonzar e outra no concello para que os poidan consultar todos os propietarios de terreos.

 

Tweet
Share137
Share
Pin
137 Shares
« A Deputación da Coruña organiza unha excursión a Cabeza de Manzaneda para a veciñanza de 11 a 15 anos
A Dirección Xeral de Xuventude prepara un canal de WhatsApp para ter contacto directo coa mocidade »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán