O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Varias ducias de nenas e nenos celebraron o Samaín no polideportivo con concursos e moito baile

Varias ducias de nenas e nenos celebraron o Samaín no polideportivo con concursos e moito baile

Novas

02-11-2021
2 Nov
  • Valentina, caracterizada de pennywise, levou o premio ao mellor disfraz //

  • A creatividade quedou patente no certame de cabazas //

A elección dos mellores disfraces pechou o sábado no pavillón municipal a Festa de Samaín organizada polo Concello do Pino. Logo de que Valentina, caracterizada como pennywise, se alzara co premio, o xurado decidiu outorgarlle ademais un galardón especial a Azul, polo seu chamamento a coidar o planeta ao disfrazarse de serea morta cuberta de plástico.

A creatividade e a orixinalidade quedaron patentes tamén no concurso de decoración de cabazas, fallado con anterioridade. Quedou gañadora ‘O home do saco’, coa ‘Fridakahlobaza’ en segundo posto e a colorida ‘A festa dos mortos’ en terceira posición.

Varias ducias de nenas e nenos achegáronse ao polideportivo para participar nos obradoiros, no roteiro terrorífico e, sobre todo, mover o esquelete (nunca mellor dito) coa disco móbil. As cancións máis coñecidas e animadas dos últimos anos fixeron bailar a peques e maiores e celebráronse as mellores coreografías.

Cansos e contentos, os asistentes gozaron de tres horas de diversión xunto a tres monitoras e o picadiscos e volveron vivir unha festa que foi case coma as de antes.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« 0 25N marca o calendario cultural no Pino con tres espectáculos dirixidos ao público escolar
Outono Termal ofrécelle aos pensionistas estadías e tratamentos en balnearios ata o 28 de novembro »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego