Nos arquivos adxuntos poderá cumprimentar o PDF editable facilitado polo Departamento de Urbanismo co cartel anunciador da licencia de obras para particulares, que deberá imprimir a persoa promotora e poñer nun lugar visible durante a execución da obra..
Noutros apartados desta mesma sección pode atopar os formularios para solicitar unha licencia de obras, facer a correspondente liquidación de taxas, facer a comunicación previa de obras menores ou de comezo de actividade ou solicitar información xenérica sobre algún tema urbanístico.

