O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Últimos días para gozar da piscina ao aire libre de Lameiro

Últimos días para gozar da piscina ao aire libre de Lameiro

Novas

30-08-2021
30 Ago

Uns 250 aboados fixeron uso desta instalación, atendida por catro socorristas en quendas de mañá e tarde //

Nenos e nenas de 4 a 14 anos participaron nos cursos de natación nos meses de xullo e agosto //

Esta é a derradeira semana na que se poderá gozar da piscina ao aire libre de Lameiro (O Pino), aberta desde o pasado 1 de xullo. Ademais dun bo número de persoas que acudiron de xeito puntual, 250 aboados utilizaron a instalación, que tamén acolleu cursos de natación.

A piscina estival de Lameiro comeza a recuperar niveis de ocupación similares aos dos anos previos á pandemia. Se antes de 2020 os abonos chegaban aos 400, o ano pasado quedaron en 140 e este foron xa 250. Hai que ter en conta que a ocupación do recinto non pode superar o 75% debido ás estritas medidas de hixiene postas en marcha para combater a pandemia de covid-19. Este verán, os abonos custaron 6€ para menores de 16 anos e 12€ para maiores (12€ e 24€ para persoas non residentes). Tamén se puxeron en marcha bonificacións coma o abono familiar, cunha cota inicial de 15€ para pai e nai,  6€ para o primeiro fillo, 3€ para o segundo e o terceiro e sucesivos gratis. A entrada diaria, opción elixida por moitas das persoas que acudiron, custou 3,60€.

A instalación estivo atendida durante estes dous meses por catro socorristas en quendas de mañá e tarde. Un deles foi contratado polo Concello, ao abeiro do programa Fomento do emprego e mellora da empregabilidade da Consellería de Emprego e Igualdade; mentres que os outros tres contaron co cofinanciamento da Deputación Provincial da Coruña.

Entre as actividades programadas durante o verán na piscina de Lameiro destacaron os cursos de natación, que se impartiron de luns a xoves de 12.30 a 13.15h. Os luns e os mércores estiveron dedicados ao grupo de iniciación, composto por dez nenos e nenas de 4 a 9 anos, que deron as súas primeiras brazadas, con manguitos e churro no caso dos máis pequenos, xa coa táboa os maiores. Cada grupo ocupou a súa propia zona da piscina, atendido por un socorrista, para realizar exercicios e xogos adaptados ao seu nivel. Os martes e os xoves foron para o grupo de perfeccionamento, con sete nenos e nenas de 9 a 14 anos.

Album de fotos en Facebook: Cursos de natación na piscina de Lameiro

Curso de iniciación á natación na piscina de Lameiro

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Trinta persoas puideron ver no Pino os aneis de Saturno co programa Camiño de Estrelas
A Escola de Verán entra na súa última quenda con 45 rapaces e rapazas inscritos »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego