DESCRIPCIÓN DA RUTA
O “Itinerario Cultural da Montaña” preséntase como unha alternativa diferente para aqueles visitantes que queiran descubrir os elementos máis característicos da parte norte do Concello de O Pino, dunha maneira diferente.
Trátase dun itinerario para facer principalmente en vehículo, xa que a maioría do trazado discorre por pistas asfaltadas, coa axuda da audioguía virtual coa que se pode chegar ata cada un dos elementos patrimoniais que forman este itinerario.
Este itinerario discorre polas parroquias de Lardeiros e Pastor, poñendo en valor os elementos patrimoniais que as caracterizan e as fermosas paraxes naturais máis importantes destes dous lugares.
Este percorrido pretende ser unha invitación ó coñecemento e interpretación dos elementos patrimoniais destas das parroquias de Lardeiros e Pastor, así coma dos valores e recursos naturais do entorno ripícola do Río Noa.
LONXITUDE DO PERCORRIDO
Trátase dun itinerario circular duns dezaoito quilómetros de lonxitude, que ten como punto de partida a área recreativa de Pontedapedra (42º58’22, 8º17’21).
PRINCIPAIS PUNTOS DE INTERESE PATRIMONIAL
RIO NOA E FERVENZA
ÁREA RECREATIVA DE PONTEDAPEDRA
CARBALLEIRA DE VIMIEIRO
PAZO DE PORTOUTEIRO
Pazo de construcción sinxela que presenta un único escudo na fachada. A antigüidade do escudo data do século XVIII en el pódense observar o brazo armado de Vilardefrancos, a árbore e as estacas dos Leis, o lobo dos Moscoso e a torre de Pardiñas ou Riobó. ESTE PAZO É DE PROPIEDADE PRIVADA, E NON SE PERMITE Ó ACCESO Ó MESMO, SALVO COA AUTORIZACIÓN CORRESPONDENTE POR PARTE DOS SEUS PROPIETARIOS.
IGREXA DE PASTOR
Igrexa do século XIX, de planta rectangular e unha nave .
IGREXA DE LARDEIROS- CATEDRAL DA MONTAÑA
Igrexa parroquial de estilo barroco dos século XVII. Planta de cruz latina, dunha nave con capelas adousadas ás costas.