O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / “Traballar toda a vida e botar algún baile”, o segredo de Carmen Ferro Seijo para chegar aos 100 anos

“Traballar toda a vida e botar algún baile”, o segredo de Carmen Ferro Seijo para chegar aos 100 anos

Novas

20-07-2019
20 Xul

O Concello do Pino celebrou hoxe a tradicional Xuntanza dos Maiores. A súa vixésimo terceira edición levouse a cabo na Capela da Magdalena,  en Castrofeito, seguindo coa costume dos anos anteriores. Os concertos, a misa, o xantar e os xogos amenizaron unha xornada marcada polo bo tempo. Sen esquecer que Purificación Martínez, Abelardo Paz, Dolores Ben, Manuela Moscoso, Basilisa Suárez e Carmen Ferro recibiron a distinción conmemorativa deste ano por ser 6 dos veciños máis lonxevos do municipio.

Oitocentos maiores de O Pino déronse cita no mediodía de hoxe na Capela da Magdalena de Castrofeito para celebrar a súa xuntanza anual. O concerto da Banda de Música de Arca comezou unha intensa xornada que se extendeu ata as 19.30 horas, e que estivo acompañada polo bo tempo ata o último momento.

Pasadas as 13.00 horas iniciouse a multitudinaria misa de campaña, oficiada por Jesús Rial, quen celebrou cos veciños de O Pino os seus 50 anos da súa ordenación sacerdotal e que actualmente é o párroco de catro parroquias do municipio. De seguido procedeuse á esperada entrega de distincións conmemorativas a seis dos veciños máis lonxevos do concello. Este ano foi o turno de Purificación Martínez Ferro (Castrofeito), Abelardo Paz Fondevilla (Gradamil) e Dolores Ben Méndez (Arca), por nacer no ano 1925, mais a eles sumáronse Manuela Moscoso Cabaleiro e Basilisa Suárez Castiñeiras, ambas as dúas de Santa Irene e nadas en 1926. A celebración máis especial foi a do centenario que está a punto de cumprir Carmen Ferro Seijo, por iso ela tamén recibiu a súa homenaxe.

Este momento tan emotivo e especial abriu o apetito aos veciños de O Pino, que degustaron un menú preparado polo restaurante A Magdalena a base de empanada, troitas, pulpo e carne ao caldeiro. Gracias á música do Dúo Eva e Camilo, a sobremesa converteuse nunha troula para o recordo que, acompañada de xogos, deixou a todos os presentes con ganas de que chegue o ano que ven, para poder celebrar de novo esta xuntanza que xa é unha tradición.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Nenas e nenos de 4 a 13 anos que queira participar no Pescapino deben anotarse ata o martes 23 de xullo
Rosa Cedrón actúa mañá na presentación do vídeo turístico do Concello de O Pino »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés