Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Taboada e Calvo visitan as obras de mellora da estrada que arranxaron O Pino e Boqueixón

Novas

13/03/2026
13 Mar

Os dous concellos recibiron unha subvención da Xunta de preto de 44.000 euros para executar unha obra que ascendeu a 62.500 ||

O conselleiro de Presidencia, acompañado da directora xeral de Administración Local e dos rexedores de ambos municipios, supervisou os traballos realizados no viario que vai de Loureda ao aeroporto compostelán ||

O alcalde do Pino agradeceu a achega realizada polo Goberno galego, “porque aínda que estas non son actuacións de contías moi grandes, son obras importantes para concellos coma o noso” ||

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, acompañado do conselleiro de Presidencia, Diego Calvo; da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e do rexedor de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, comprobou este venres as melloras realizadas co apoio da Xunta polos concellos de O Pino e Boqueixón no viario que vai de Loureda ao aeroporto de Santiago de Compostela. A Xunta de Galicia destinou preto de 44.000 euros ás obras de pavimentación e limpeza de cunetas, presupostadas en máis de 62.000 euros.

Diego Calvo sinalou que o obxectivo deste tipo de traballos é facilitarlles aos concellos o acondicionamento das vías públicas, coa correcta drenaxe das augas pluviais, e garantir así a accesibilidade nas mellores condicións aos núcleos rurais da contorna. Nesta liña, o conselleiro salientou que precisamente a Orde de infraestruturas de uso público, dotada con 3,5 millóns de euros, está destinada a localidades de menos de 30.000 habitantes coma o municipio do Pino “co obxectivo de garantir o equilibrio territorial e que a poboación galega teña unhas óptimas condicións de vida con independencia do seu lugar de residencia”, apuntou.

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, agradeceu o investimento realizado polo Goberno galego nunha estrada que comunica O Pino con Boqueixón e a zona do Ulla, celebrando o ben que quedou a mellora do firme para maior seguridade e comodidade da veciñanza. Ademais, destacou a importancia de achegas económicas como esta, “porque aínda que non son actuacións de contías moi grandes, son obras moi importantes para concellos coma o noso”, subliñou.

Esta convocatoria de subvencións da Xunta para mellora de infraestruturas municipais prima a agrupación de concellos. Motivo polo que O Pino e Boqueixón decidiron solicitar conxuntamente esta axuda para mellorar a estrada de Loureda ata o aeroporto compostelán.

Ao solicitar conxuntamente a subvención, a Xunta aporta ata o 80% do importe da obra, que no caso desta estrada ascendeu a un total de 62.500 euros. A mellora realizada nun treito de 1.500 metros (dos que uns 400 son do Pino) incluíron unha capa de aglomerado en quente e a limpeza de gabias.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Lecer Semana Santa 2026: Formulario de inscrición e bases
O alcalde do Pino comproba co conselleiro de Presidencia as obras realizadas no campo de fútbol e na Casa da Cultura »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés