Desde hoxe ata o vindeiro 21 de abril, as entidades sen ánimo de lucro poderán solicitar á Deputación da Coruña a subvención para realizar actividades e investimentos de promoción económica. O orzamento de gastos deberá ser como mínimo de 3.000 € e máximo de 30.000 €, podendo acadar unha subvención entre 600 € mínimo e 24.000 € máximo.
As solicitudes presentaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña: https://sede.dacoruna.gal
Para a súa tramitación, tanto as solicitudes como o resto da tramitación, as entidades deberán dispoñer de DNI electrónico ou certificado dixital e dun correo electrónico de contacto durante toda a tramitación do expediente.