O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Subvención da Consellería de Economía e Industria para renovación de cubertas e fachadas

Subvención da Consellería de Economía e Industria para renovación de cubertas e fachadas

Novas

18-03-2015
18 Mar

BENEFICIARIOS: Os particulares ou as comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificio de vivenda colectiva.

RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA: A actuación subvencionable será a renovación de cubertas existentes de vivendas ou edificios de vivenda colectiva, así como nas súas edificacións anexas, por unha cuberta de tella cerámica.

Gastos subvencionables: custos de materiais das novas cubertas de tella cerámica, desmontaxe das cubertas existentes, montaxe das novas cubertas de tella cerámica, licenzas e custos de proxectos de arquitectura ou enxeñaría.

CONTÍA: Máximo de 55€ por m2 de cuberta, cun tope máximo do 30% dos custos totais subvencionables.

REHABILITACIÓN CON GRANITO DAS FACHADAS: Os tipos de fachadas ou envolventes térmicas subvencionables son fachadas pegadas de granito, fachadas trasventiladas de granito e fachadas de perpiaño.

Gastos subvencionables: custos de memorias básicas, informes técnicos e certificados necesarios, ou proxectos de arquitectura ou enxeñaría na parte correspondente ás actuacións que se van subvencionar, custo de licenzas, desmontaxe do material da fachada ou envolvente existente, materiais como o granito, morteiros e adhesivos, ancoraxes e sistemas de ancoraxe e o material illante, man de obra civil e instalacións auxiliares necesarias para a montaxe da nova envolvente de granito.

CONTIA: 110 € por m2 no caso de fachadas pegadas de granito, 140 € no caso de fachadas trasventiladas de granito e 130 € no caso de fachadas de perpiaño de granito. En todo caso, a contía da subvención será do 30€ dos custos totais subvencionables cun máximo de 12.000 € por vivenda familiar unifamiliar illada e 40.000 € por edificio de vivendas en bloque.

PRAZO: Ata que se esgoten os fondos económicos, en todo caso rematará o 13 de xuño. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es

Só serán subvencionables os gastos realizados e efectivamente pagados con anterioridade ao 14 de novembro de 2015.

Máis información na páxina web da consellería:

http://economiaeindustria.xunta.es/recursos/axudas-e-subvencions/todas bou nos teléfonos: 981.95 70 92 ou 981 95 72 59

NORMATIVA: DOG nº 50 do venres 13 de marzo de 2015 .

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Inscrición probas de graduado en ESO
Axudas dirixidas a cultura, deportes e patrimonio »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego