A proba xuntou a máis de 530 atletas, dos que máis de 320 participaron nas categorías escolares ||
Aplausos para Manuel Morata, que celebrou o seu 65 aniversario competindo ||
O Club Atletismo O Pino foi o equipo máis numeroso e quedou terceiro en categoría feminina ||
Silvia García Lorenzo (CA Sar) e Amador Pena Torreira (SD Compostela) foron os gañadores absolutos da décimo oitava edición da Carreira Popular de O Pino ao facer os 8.000 metros de percorrido en 32:30 e 27:40 minutos, respectivamente. Máis de 530 atletas tomaron a saída na diferentes categorías, sendo as probas escolares as máis numerosas, con 325 participantes. Manuel Morata, que celebrou o seu 65 aniversario correndo, recibiu os aplausos do público antes da saída.
O Club Atletismo Sar foi o dominador en categoría feminina, ao colocar a tres das súas atletas no podio: Silvia García (32:30), Inés Ramos (32:38) e Verónica Calvo (33:31), e ser tamén o gañador na categoría por equipos.
A proba masculina estivo moito máis disputada. Amador Pena (27:40) impúxose na meta por un segundo a Ricardo León (27:41), do C.A. Sar, e once segundos despois chegaba Xan Collazo (27:51) do Club Atletismo O Pino.
Nesta proba, de oito quilómetros, que puntúa para o IX Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña, participaron 205 atletas, que deron dúas voltas ao percorrido. Na categoría feminina, as tres mellores corredoras do Pino foron Ángeles Salmonte (46:58), Carmen Castro (47:19) e Ana María Fandiño (56:05). En categoría masculina subiron ao podio como mellores locais Bruno Gomes (32:25), Miguel García (21:51) e José Manuel Fernández (32:56).
Houbo premios para os tres primeiros das diferentes categorías, levando os trofeos como participantes de maior idade Elvira Tresguerras (C.A. Sar), unha habitual en todas as carreiras populares da comarca aos seus 71 anos de idade. Francisco Pena (SD Compostela) foi o corredor máis veterano, aos seus 73 anos.
Na clasificación por equipos subiron ao podio, en categoría masculina, o Club Atletismo Sar, seguido da SD Compostela e o Club Atletismo o Pino. En categoría masculina os tres primeiros foron SD Compostela, C.A. Sar e Club Atletismo Tambre.
Nas probas escolares houbo tamén trofeos para os tres primeiros clasificados en cada unha das categorías, reservando tamén un trofeos para os e as atletas do Pino en cada unha delas. Neste apartado levaron trofeos Alba Vidal e Lucas Barco (Sub-8); Idaira Flores e Martín García (Sub-10); Martina Gómez e Isaac Mella (Sub-12); Ana Mecías e Xoel Otero (sub-14), e Carmen Pérez e Hugo Otero (Sub-16/18).
Podes consultar todas as clasificacións na web de Carreiras Galegas (neste enlace)
O Concello do Pino pon a disposición dos participantes unha ampla selección de fotografías da XVIII Carrera Pedestre Popular. Podes ver o álbum de fotos da proba absoluta neste enlace e as fotografías das categorías escolares neste enlace
Tamén podes consultar fotos da proba na páxina de Facebook do Concello de O Pino nestes enlaces: Categoría asbsoluta (aquí) e categorías escolares (aquí).